Nota de prensa
COMUNICADO DE PRENSA – COMPLEXO REGALXUNQUEIRA
O Día Internacional dos Museos celébrase o 18 de Maio en todo o mundo dende o ano 1977, tal día foi o resultado da resolución tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos) en Moscova. O ICOM, creado en 1946 é unha organización non gobernamental, dependente da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura), con status de órgano consultivo do Consello Económico e Social das Nacións Unidas. O ICOM aglutina a museos e profesionais, e está dirixida á conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, presente e futuro, tanxible e intangible.
O tema para o Día Internacional dos Museos 2011 é Museo e Memoria. Os museos gardan a memoria e contan historias. Conservan nas súas coleccións obxectos fundamentais para a memoria das comunidades nas que vivimos. Tales obxectos son a expresión dos nosos patrimonios natural e cultural. Moitos deles son fráxiles, varios están en perigo, e todos necesitan un coidado e unha conservación especiais. O Día Internacional dos Museos 2011 será a ocasión de descubrir e redescubrir as memorias individual e colectiva.
No CONXUNTO MUSEISTICO REGAL XUNQUEIRA recoñicido oficialmente fai ano e medio, polo Consello da Xunta de Galicia. Celebrouse onte as 20,30 unha mesa redonda encol da política e da cultura na que participarónn Bernardo Fraga Galdo candidato do BNG e Jesús Fernández numero dous da lista de IVI, o PP e o PSOE que foron invitados non comunicaron si virian, no caso dos socialistas o seu secretario de organización nos contestou por telefono que “estamos moi ocupados e non creo que vaiamos”.
O acto acudiro algo mais de 60 persoas que segueron e participaron no desenrrolo da mesa redonda en torno o mundo da cultura e o programa dos partidos.
PATRONATO DE CULTURA, IVI xa leva no seu program a sua creación e Bernardo mostrouse partidario da sua creación co obxectivo de situar a cultura de Viveiro como un dos principais activos do desenvolvemento e da proxección do concello, a través da xestión dos equipamentos e dos servizos culturais municipais, e promover e facilitar a urxencia e a consolidación das múltiples plataformas e proxectos culturais de iniciativa privada á cidade.
Falouse de que os obxectivos do Patronato de Cultura de Viveiro son:
– Crear, xestionar e manter o patrimonio artístico, e documental do concello.
– Difundir a cultura polas parroquias e barrios de Viveiro.
– Impulsar as actividades de sectores culturais sen ánimo de lucro.
– Incentivar a presenza na cidade de indústrias e equipamentos culturais.
– Promover as actividades culturais e de lecer que se desenvolven en Viveiro.
– Dar soporte á iniciativa cidadá e cívica. Artes Escénicas, Exposicións Municipais, Música Festas Populares, Cine ao aire libre. Outras Actividades e Acontecementos Culturais
AUDITORIO
Ámbolos dous participantes levan no programa a construcción dun AUDITORIO en Viveiro. Bernardo xustificou a proposta en que en Viveiro carecese de un recinto cuberto donde poda albergarse actos de máis ala de 300 persoas, o representante de IVI tamén o ve necesario polas mesmas razóns.
Falouse da gran cantidade de edificios públicos que poderian cubrir ese hueco sin levantar novo ladrillo Pazo da Misericordia, Pazo dos Calvo Sotelo, Escolas de Covas, Celeiro, Colexio de Galdo….Escola dos mestres ……ámbolos dous se compremeteron a restaurar eses edificios e darlles uso.
Houbo discrepancias no tema da compra do Pazo de Grallal por parte do concello, IVI defendeuno alegando a ubicación dun xardin e zona de lecer na zona de Covas e Bernardo non o cree necesario nin imporiscindible.
Ámbolos criticaron duramente que o goberno actual teña durante varios meses ocupada a praza cos “tenderetes das festas, “Mentras que non existan outros sitios terán que facerse na praza, pero nunha seman terá que quedar libre.
Ámbolos dous abogaron por que as festas foran racionales, gastando menos e que as organizara a Concelleria de cultura dentro das suas competencias. Criticouse o excesivo gasto en festas do goberno actual 1, 2 millons de euros no ultimo presuposto (2008) e o ridículo do adicado a cultura que non chega a o 20 %.
Tamén se abogou por descentralizar os actos culturales do concello, o BNG propon un programa desde o concello para as parroquias.
Por parte do pùblico Carlos Nuevo mostrou reticencias a un intervencionismo excesivo no ambito da cultura por parte do Concello, e Riveira criticou que o concello de Viveiro ainda esta sin un plan de normalización lingüística. E reivindicou o BNG que se implicara na creación de escolas infantis en galego.
O CONCELLO COMO PRODUCTOR DE CULTURA PROPIA
Prometeuse que o Concello será un organismo de promoción de cultura propia e non so limitarse a tres exposicións da Xunta, Caixas ou similares, creación dunha escola de teatro que dinamice o Pastor Diaz, Exposicións de plástica propias etc etc.
MUSEO:
Dende o primeiro goberno da dempocracia vense falando da creación dun museo en Viveiro, o actual alcalde prometeu tres e ata ahora mesmo non existe nada, falouse da posibilidade dun museo comarcal que incluira o tema da Seman Santa dentro do mesmo, etnográfico, de oficios etc etc.
Criticouse a falta de obra artística propia no concello de Viveiro, a nula existencia de obra plástica, no novo concello, e os xardins, e mobiliario foron obxeto de critica.
O acto durou case tres horas.
HOXE XOVES 19 Actuación musical do coro e músicos do LOIS TOBIO composto por 60 persoas entre pais e nenos do devandito colexio de Viveiro. Antes do concerto inaugurarase o nome oficial e placa do auditorio de REGAL XUNQUEIRA co nome de PABLO PICASSO, e catro obras do mesmo que decoraran o salon as 20:30 h.
MAÑÁ VENRRES 20, Documental “ESCUCHANDO AL JUEZ GARZON” de Isabel Coixet. 20:30 h, cun debate ó remate do mesmo.
Otero Regal