VECIÑOS DE CELEIRO DE MARIÑAOS CELEBRARON A REAPERTURA
DAS ESCOLAS DA LOCALIDADE CON MÚSICA E RECORDOS ESCOLARES
Os traballos de reforma supuxeron un investimento de 45.000 euros e consistiron na transformación das dúas aulas do edificio nunha sala multifuncional de 100 metros
cadrados para expsicións, actuacións musicais, obras de teatro e reunións veciñais
Os veciños e veciñas remeroraron os seus anos mozos na escola da localidade a través
dunha exposición organizada pola asociación veciñal e cultural ‘Irmandade San Caetano’
Celeiro de Mariñaos, 2 de maio.
Veciños e veciñas da parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos rememoraron este domingo os seus anos nenos para celebrar o remate das obras realizadas nas antigas escolas da localidade. Mozos e maiores déronse cita nas vellas escolas para lembrar, a través de fotografías e recoldos escolares de distintas épocas, o seu paso por este edificio, que se converte agora en centro socio-cultural.
Os traballos, que foron promovidos pola Asociación Veciñal e Cultural ‘Irmandade San Caetano’, consistiron na reforma do vello edificio e na transformación das dúas aulas coas que contaba nunha ampla sala multifuncional de 100 metros cadrados onde se poderán facer exposicións, actuacións musicais, obras de teatro e reunións veciñais. As obras, que veñen de rematar, supuxeron un investimento de 45.000 euros, que foron aportados pola área de Cultura da Deputación.
Logo dos discursos e agradecementos aos distintos veciños e institucións que colaboraron nesta reforma, a nova sala multiusos, ateigada de público, quedou inaugurada cun concerto de Mini e Mero. Para celebrar o remate dos traballos, a asociación Irmandade San Caetano preparou un completo programa de actividades para todo o mes de maio que inclúe unha exposición, música e teatro. Segundo explica Xabier López, presidente da asociación, “o obxectivo a partir de agora é dotar de actividade un espazo que agora está acondicionado para acoller calquera tipo de evento”.
As escolas de Celeiro de Mariñaos, inauguradas en 1962, levaban varios anos sen ser usadas como centro de ensino e con esta remodelación perseguíuse acondicionalas para un uso socio-cultural. As obras consistiron en derrubar o tabique que separaba as dúas aulas das que constaba o edificio para lograr un espazo de maior tamaño, e incluíron ademais a renovación da instalación eléctrica, a construción de baños adaptados para minusválidos e a substitución das ventás.
MAIO CULTURAL
Os actos programados para este mes de maio pola asociación veciñal e cultural ‘Irmandade San Caetano’ arrincaron este domingo coa apertura dunha exposición que, baixo o título As nosas primeiras letras, reuníu fotografías e recordos escolares das distintas xeracións de alumnos que foron pasando por esta escola dende a súa apertura o 18 de outubro de 1962.
A continuación, os músicos Mini e Mero, fundadores do mítico grupo Fuxan os Ventos e representantes da canción galega reivindicativa, deron un concerto para todos os veciños e veciñas. A xornada rematou cunha merenda para celebrar o remate das obras de arranxo da escola.
O programa de actos continuará o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, coa representación da obra de teatro Farsa á escocesa e matrimonio século XXI, a cargo do grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



