Nota de prensa:
ATÓPASE A INFORMACIÓN PÚBLICA A RELACIÓN DE BENS AFECTADOS POLA LIÑA DE ALTA TENSIÓN RIBADEO-TRABADA, SEGUNDO PUBLICA O DOG. FERNANDO SUÁREZ DILLES AOS VECIÑOS QUE PODEN CONSULTAR A DOCUMENTACIÓN NO CONCELLO, AÍNDA QUE AS ALEGACIÓNS DEBERÁN PRESENTALAS DIANTE DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA POR SER A QUE TRAMITA O PROXECTO.
Ribadeo, 9 de xuño de 2011. Atópase a información pública a relación de bens afectados pola liña de alta tensión Ribadeo-Trabada, segundo publicaba o Diario Oficial de Galicia do pasado 7 de xuño. É por un prazo de 20 días.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “por fin a Xunta da un paso adiante nesta infraestructura tan necesaria para Ribadeo, para o polígono industrial e en todo caso para a Mariña Oriental como é esta subestación eléctrica que Ribadeo precisa e que desde hai máis de dous anos estaba absolutamente parada e pendente desta iniciativa de exposición ao público do que é o trazado e os bens e dereitos afectados por esta liña, que ten que cruzar Ribadeo de maneira irremediable”. O rexedor subliñou que “en todo caso cumpre con aqueles criterios que hai xa máis de dous anos lle dixéramos á Xunta anterior, composta por outras forzas políticas, onde deberan evitar os núcleos de poboación. Onde esa liña de alta tensión, aínda non sendo destas grandes de 400 kilovoltios, senón de 132 toda ela ou prácticamente a totalidade discurre polo monte”.
Suárez Barcia dixo que “sorpréndeme como dous anos e medio despois de que algún persoaxe de Ribadeo tanto criticara ao alcalde e ao goberno que naquel momento había na Xunta polo trazado e agora o goberno galego doutra cor política imprime e publicita o mesmo trazado que anteriormente era, mantiveron o criterio técnico, que sempre foi técnico e non político. Pero chama a atención como quen criticaba daquela agora parece ser que é un dos que asina os documentos de conformidade en representación dunha comunidade de montes. Non sei si terá autorización desa asamblea ou non, pero chama a atención. Aquí ten cabida aquel dito de vivir para ver”.
O rexedor engadiu que “si algún veciño quere evitar ir a Lugo, que é onde oficialmente a Xunta ten a exposición pública este documento, pode vir perfectamente ao Concello porque aquí lle facilitaremos o anexo, a copia que a Consellería de Industria nos enviou para que fagamos o informe. Si algún veciño o quere vir ver pode acudir ao Concello como casa de todos que é, aínda que as alegacións terán que presentalas diante da Consellería de Industria, dado que é ela a que tramita este proxecto”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



