Pico e pala: Mellorando o Hospital da Costa
O compromiso dos responsables da Xunta de Galicia que preside Alberto Núñez Feijóo coa sanidade da Mariña lucense e, nomeadamente co Hospital da Costa, ten o seu reflexo máis inmediato na mellora dos servizos sanitarios neste centro hospitalario. Un exemplo deste apoio á sanidade pública comarcal é a posta en funcionamento da nova área de xinecoloxía e obstetricia, adaptación do centro ao programa de parto natural e creación da unidade fixa de prevención do cancro de mama.
O investimento que o Servizo Galego de Saúde vén de executar nesta obra, durante a presente lexislatura, supera os 800.000 euros, unha cantidade que contrasta co déficit en materia de obras de mellora no que incorreron os anteriores responsables do goberno bipartito. De feito, cómpre lembrar que pese a ser unha actuación anunciada repetidamente por socialistas e nacionalistas durante a pasada lexislatura, tivo que chegar á responsabilidade de goberno o Partido Popular, para iniciar os traballos, executar a obra e poñer en servizo as novas infraestruturas.
Segundo o programa descrito por Sanidade, entre outros, as actuacións executadas consistiron na construción dunha nova área de paritorios e dilatación, con tres novas estancias, unha delas adaptada ao parto natural, así como a dotación do equipamento máis avanzado; desenvolveuse igualmente unha reforma integral na zona de habitacións. No seu conxunto está previsto que dea servizo a 800 mulleres ao ano. Elas son por dereito propio as principais beneficiarias do esforzo da Xunta.
A finalización das obras supón ademais unha boa nova que transcende o ámbito da atención médica á muller para acadar un beneficio para o conxunto dos usuarios do Hospital, xa que permitirá recuperar a operatividade total do centro hospitalario, que ata o de agora dispoñía dun número menor de camas e, polo tanto, veu reducida durante todos estes meses a súa capacidade de atención aos pacientes. Xunto a iso, contar coa nova área de xinecoloxía e obstetricia, evitará desprazamentos innecesarios dos pacientes ao verse mellorada substancialmente a capacidade de resolución e tratamento das diversas doenzas.
O actual Goberno galego amosa ben ás claras a súa aposta en positivo polo Hospital a Costa. Fronte a uns partidos da oposición que funcionaron como agoireiros do medo e que intentaron facernos crer que pecharía o hospital, hoxe a Xunta volve a demostrar con feitos que o Hospital da Costa é fundamental dentro da estrutura do sistema público de saúde de Galicia. En definitiva, investimentos, pico e pala, para facer aquelo que outros prometeron pero que nunca foron capaces de executar, por falta de compromiso e de vontade, isto é, todo o contrario do que está a demostrar e seguirá demostrando no futuro, poden confiar nelo, o Partido Popular.
Jose Manuel Balseiro Orol
Secretario do Parlamento de Galicia

















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



