Nota de prensa
A Deputación contrata nunha semana todas as obras de mellora na rede viaria do POS deste ano
– Trátase de 4 actuacións que suman 1.650.000 euros, financiados ó 50% polo organismo provincial e o MAP, e que benefician ós veciños de 8 Concellos
–
Martínez subliña que o alto nivel de xestión do equipo de goberno fixo posible esta contratación millonaria coa que se cumpren 3 obxectivos: dar resposta ás necesidades dos veciños, xa que todas as obras son moi demandadas por eles; aumentar a obra pública; e manter os postos de traballo existentes
– O POS, que foi aprobado polo Pleno en abril e que está dotado con 5,5 millóns de euros, inclúe unha partida específica de 3,8 millóns para a dotación de servizos básicos e necesarios para os 67 municipios
A Xunta de Goberno deste venres aprobou a contración das tres últimas obras do Plan de Obras e Servizos de 2010 para mellorar a rede viaria provincial, e que beneficiarán ós veciños de Navia de Suarna, Ourol, Viveiro e Sarria. Estas obras suman 1,2 millóns de euros, que son cofinanciados ó 50% pola Deputación e o Ministerio de Administracións Públicas. A semana pasada, contratouse a cuarta actuación incluída no Plan. Trátase do acondicionamento do último treito da estrada provincial que vai de Cereixal a Louxas e que comunica 4 municipios da Montaña: Baralla, Navia de Suarna, Becerreá e Fonsagrada.
A este respecto, o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, subliñou que se pode comprobar o alto nivel de xestión deste equipo de goberno. En tan só 1 semana, a Deputación foi quen de contratar as 4 obras que suman cantidades millonarias -1.650.000 euros- e que estarán rematadas a finais de ano. “En total, co POS melloraremos 20 quilómetros das estradas que son da Deputación. Precisamente, a de Navia de Suarna, pola que pasará a Volta Ciclista a España, é unha vía que iniciamos o seu acondicionamento hai catro anos, e que para nós é moi importante porque leva a todas as rutas turísticas das Pallozas e concecta con León. Este é o último treito, co cal aquela política do Partido Popular de arranxar 1 quilómetro cada no rematou. Agora as estradas que se inician, finalízanse todas”.
As obras aprobadas na sesión de hoxe foron as seguintes: en Navia de Suarna, estrada que vai de Rao por Murias a Valouta: 540.000 euros; en Viveiro e Ourol, a CP que enlaza a localidade de Ruanova con Muras: 273.805 euros; e en Sarria, a vía que vai de Mesón de Alvaredos a San Martín de Loureiro: 299.000 euros. Neste senso, coa súa execución, o organismo provincial cumpre tres obxectivos fundamentais: dar resposta ás necesidades dos veciños, xa que todas as obras son moi demandadas por eles; aumentar a obra pública na provincia; e crear emprego. Estas actuacións levan aparelladas a contratación de persoal para poder executalas. Só con estas 4 obras axudaremos a manter uns 40 postos de traballo.
Un instrumento de cooperación municipal
Pero ademais de mellorar a rede viaria provincial, co POS tamén se dota ós Concellos de servizos básicos e necesarios para os veciños. É o caso da mellora de accesos a moitos núcleos rurais, de abastecementos de auga, da rede de sumidoiros, do alumeado público de moitas localidades, dos centros sociais, etc. Para estas actuacións o Plan contempla unha partida de 3,8 millóns de euros dos 5,5 millóns que ten de orzamento total. No ano 2010, a través do POS subvencionáronse máis de 100 obras.
Así mesmo, a Xunta de Goberno deu o visto e prace a unha conta xustificativa do Plan de Comunidades Veciñais de 2010 pertencente ó Concello de Navia de Suarna. A actuación que se executará neste municipio é a traída de auga de Santoestevo. Ten un investimento de 6.400 euros e a Deputación achega 4.800.


















Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.



