Nota de prensa:
ADEGA expresa a súa solidariedade cos animalistas pres@s e reclama a súa posta en liberdade
ADEGA quere solidarizarse coas persoas encarceradas acusadas de presuntas accións de sabotaxe contra granxas de visóns. A nosa organización manifestouse sempre en contra das prácticas da industria pelexeira ou das touradas, mais tamén das liberacións de visóns por causar un forte dano nos ecosistemas autóctonos. Con todo, entendemos que tanto a prisión preventiva dos tres activistas como o despregue policial e xudicial que provocou a detención e o procesamento penal de 12 persoas son claramente desproporcionados, polo que pedimos a inmediata posta en liberdade dos detid@s e o levantamento do segredo do sumario. Asina en soliariedade cos detid@s.
A garda civil acusa a estas persoas de asociación ilícita, ameazas, coaccións, revelación de segredos e delicto contra o medio ambiente por, entre outras accións, a solta duns 150.000 visóns americanos nos últimos anos. Malia á gravidade dos cargos que se lles imputan, pensamos que hai xeitos menos drásticos de instruir o caso que non requiren do ingreso en prisión destas persoas, cuxas actividades e filiación sempre foron públicas, non esistindo tampouco risco de fuga. O mero feito de equiparar este caso, en canto a recursos, medidas e tratamento mediático, con operacións antiterroristas deteriora non só a imaxe do movemento ecoloxista senón tamén da xustiza e do estado de dereito.
Lamentabelmente, outros flagrantes delictos contra a natureza, o patrimonio histórico ou a facenda pública consentidos ou mesmo promovidos polas propias administracións (como o convenio urbanístico de Barreiros) non son obxecto da mesma dilixencia e tratamento por parte das forzas da lei. ADEGA reclama da xustiza máis mesura e proporcionalidade á hora de tomar determinadas medidas neste caso, e a inmediata posta en liberdade das persoas encarceradas das que en todo momento deben respectarse os seus dereitos civís, comezando pola presunción de inocencia.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



