Nota de prensa
Un Día da Patria Galega masivo a mellor resposta a crise.
O BNG chama a moverse en defensa de Galiza e da Mariña
A Mariña, 15 de xullo de 2011. O Bloque Nacionalista Galego presentou hoxe en Foz a campaña que os nacionalistas van desenvolver ao longo de todo mes de Xullo no conxunto da Mariña co fin de achegar a súa proposta a situación que atravesa Galiza e a comarca así como convocar aos veciños e veciñas da Mariña a manifestación do 25 de Xullo en Santiago de Compostela.
Antonio Veiga, Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG, e Xoán Antón Estua, Vice – Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG, que compareceron conxuntamente no nome do Consello Comarcal do BNG da Mariña afirmaron que é necesaria unha mobilización masiva na campaña do Día da Patria Galega deste ano como a mellor forma de expresar que a sociedade galega está viva e ten capacidade de reacción fronte a un Partido Popular que esta a amosar a súa face máis descarnadamente reaccionaria e anti galega.
Actos na Mariña do Día da Patria Galega.
Estúa, lembrou que o BNG vai celebrar entre o 21 e 31 de Xullo diferentes actos na Mariña organizados polas asembleas locais de (Foz, Burela,Viveiro, Ribadeo,Riotorto, Cervo,Valadouro, Barreiros ou Mondoñedo), na que participaran ademais diversos dirixentes nacionais do BNG así como representantes das organizacións locais nacionalistas. O acto central que os nacionalistas lle dan caracter comarcal e a Festa da Patria que o BNG celebrará en Foz o 23 de Xullo coa xa tradicional festa do chicharro lañado. A maiores distribuirase cartelería e propaganda impresa nos dezasete Concellos da Mariña. Asemade fretaranse autobuses desde os diferentes Concellos da comarca para asistir a tradicional manifestación do 25 de Xullo a Compostela, podendo apuntarse a este transporte todas as persoas que queiran a acudir a mesma no Tlf (982)140-654 en horario de 10:00 a 12:00h.
Nesta dirección Estua quixo agradecer a militancia e a base social do nacionalismo a súa implicación para levar adiante esta campaña o que evidencia a viveza da organización e o compromiso da afiliación do BNG.”Só o BNG pode poñer en marcha esta campaña en pleno verán, porque só o BNG ten unha afiliación desta calidade política e desta xenerosidade co País” afirmou Xoán Antón Estua.
A Comarca agoniza pola mala xestión da crise.
Veiga,Responsábel – Portavoz Comarcal do BNG e Vicepresidente da Deputación, lembrou que o Día da Patria Galega ten que ser unha resposta do pobo galego contra as políticas antisociais do capital e antigalegas da dereita española. Veiga afirmou que o contexto social que vivimos esta marcada pola crise económica e por un goberno da Xunta ausente que abandona a sociedade galega nun momento de dificultade e demostra a súa incapacidade para Gobernar.
Antonio Veiga denunciou que “A Mariña agoniza diante da falta de resposta política da Xunta de Galiza e da xestión da crise que está facer o Goberno do Estado. É necesario un cambio de rumbo, para parar esta sangría de perda de postos de traballo e unhas políticas sociais que posibiliten que non sexan as clases populares quen paguen as consecuencias da mesma. O 25 de Xullo Galiza ten que ser un clamor para demandar unha saída social a crise económica”.
Xa por último o Vice – Presidente da Deputación de Lugo chamou “a cidadanía de exercer como galegos orgullosos diante das políticas da Xunta que aspira a negar os nosos sinais de identidade como pobo”


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



