Nota de prensa
O CONCELLO RENOVOU O SEU PARQUE DE BICICLETAS DE ALUGUER GRAZAS AO ACORDON ASINADO CON KOODZA, A FIRMA DEPORTIVA QUE SE INSTALOU EN VILAR HAI SEMANAS.
Ribadeo, 8 de xullo de 2011. O Concello renovou o seu parque de bicicletas de aluguer, grazas ao acordo asinado con Koodza, a firma deportiva que se instalou en Vilar hai unhas semanas. Trátase de 12 bicis, das que dúas van dotadas con sillas para levar a nenos pequeniños.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “nesta iniciativa conxunta desde o plano turístico e desde o plano deportivo lle debemos agradecer a Koodza, esta empresa que se instalou hai pouco aquí en Ribadeo, que coa súa entrega de 12 bicicletas de xeito gratuito ao Concello permitiranos a nosoutros renovar este parque de bicis que tiñamos moi deterioradas, moi vellas e que nos estaban a dar bastantes problemas”. O rexedor sinalou que “así contaremos cun parque novo, moderno e atractivo para todos os veciños de Ribadeo, pero sobre todo para todos estes visitantes, miles e miles de persoas, que veñen todos estes anos e que este verán tamén estarán por aquí, e así poderán circular ou pasear polas praias. As bicicletas alquílanse na oficina de turismo ao prezo de 5 euros ao día, tal e como recolle a propia ordenanza, más que nada para ter certo cuidado do propio usuario”.
Suárez Barcia agradeceu “no nome do Concello, da Delegación de Turismo e da Alcaldía a Koodza que tivese este detalle, lóxicamente levan a súa publicidade e tamén a do Concello de maneira institucional”.
As bicicletas estarán a disposición dos que desexen alquilalas a partires desta fin de semana. Das doce hai dúas que van dotadas con sillas para transportar aos nenos.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



