Nota de prensa:
O BNG DENUNCIA QUE O PP NA XUNTA PRETENDE SACAR A AMBULANCIA DO 061 DE FOZ
“O PP está desmantelando os servizos asistenciais públicos que tanto custou conseguir” afirma Basanta
Foz a 13 de agosto de 2011.- O BNG de Foz denuncia que a Xunta de Galiza quere eliminar a ambulancia do 061 que facía os seus servizos asistenciais en Foz. “Con esta decisión o PP segue a desmantelar a pasos axigantados toda a rede asistencial sanitaria que durante moitos anos tiñamos no noso Concello”, declarou González Basanta, o portavoz municipal do BNG. Continuou dicindo que “o PP non só lle nega a Foz servizos fundamentais, como as urxencias médicas ou o Centro Residencial de Día senón que agora elimina os que xa tiñamos”.
Estes recortes entra dentro da pretensión do goberno de Feijoo de eliminar cinco ambulancias do 061 en toda Galiza, entre as que se atopa a de Foz. Segundo informacións reveladas e publicadas polo sindicato CIG, as ambulancias deixaran de estar operativas durante 12 horas, das 20:00 h. ás 8:00 horas, polo que durante toda a noite non haberá servizo asistencial destas ambulancias. Esta ambulancias facían un gran servizo encargándose de atender todo tipo de urxencias, os accidentes, infartos, etc. Esta decisión –tomada coa máxima ocultación- é consecuencia dos recortes anunciados pola Xunta de Galiza e plasmados no Decreto de Transporte Sanitario, uns recortes que non teñen xustificación e que terán graves consecuencias para a calidade e cantidade dos servizos públicos prestados polas ambulancias no noso país.
Para o BNG é incomprensible que o goberno municipal do PP en Foz non fixera ningunha declaración sobre o tema nin se posicionase contundentemente en contra da pretensión da Xunta, facendo un papel sumiso diante das decisións do seu partido na Xunta. Por iso nos preguntamos: “¿Que intereses defende o PP local, os de Foz ou os de Feijoo?”
O BNG ten claro que non debemos permitir que isto se leve a cabo e que Foz quede sen ambulancia do 061 e porá todo da súa parte para que esto non ocorra, incluso chamando á mobilización social se fora preciso.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



