Nota de prensa
INFORMACIÓN AOS MEDIOS
O CONCELLO FAI UN CHAMAMENTO PARA O BO USO DOS BENS PÚBLICOS NAS XORNADAS FESTIVAS DOS VINDEIROS DÍAS
o Responsables municipais poñen en marcha un dispositivo co obxecto de mellorar a seguridade e as condutas cívicas dos participantes nas citas festivas do Ovo Frito, Maruxaina, Patronais de Cervo e Queimada Popular
Cervo, 10 de agosto de 2011
.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os concelleiros José Ramón Soto (Protección Civíl e Seguridade Cidadá), Tania González (Cultura) e Begoña Alonso (Medio Ambiente), deron a coñecer esta mañá os detalles dos distintos operativos que vai poñer en marcha o Concello nas vindeiras celebracións do Ovo Frito (Cervo), Maruxaina (San Ciprián), Patronais de Cervo e Queimada (Cervo) para garantir o bo desenvolvemento das devanditas festas.
Segundo lembrou o rexedor local, a plantilla de traballadores municipais leva dende hai semanas traballando arreo cos organizadores das distintas actividades lúdico-festivas que se desenvolven no concello neste mes de agosto. “Levamos uns días sen apenas descanso. Comezamos coa celebración da Festa do Turísta de San Ciprián; despois as noites de teatro de Cervo; logo a Festa da Malla en Rúa; e agora estamos a coordinarnos coas comisións de festas para afrontar unhas citas importantes coma son a sexta edición da Festa do Ovo Frito que se celebrará o vindeiro venres en Cervo; A Maruxaina e as festas patronais de Cervo, ademais da Queimada Popular. Son eventos que congregan a moita xente e que necesitan dun dispositivo de seguridade e limpeza especial para poder garantir o bo desenvolvemento destas celebracións” recalcou Villares.
SEGURIDADE E LIMPEZA REFORZADAS
Pola súa banda, José Ramón Soto coincidiu na necesidade de incidir no reforzo da seguridade das persoas para que estas festas transcorran con normalidade. Neste sentido adiantou que ao longo dos vindeiros días “e mentres se celebren todos estes festexos” porase en marcha un dispositivo de seguridade no que estarán coordinados Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Policía Autonómica e Bombeiros do consorcio “co único obxectivo de velar pola seguridade en todos estes eventos que anualmente congregan a moita xente” sinalou.
CORTE DE TRÁFICO DURANTE A MARUXAINA
O responsable de Seguridade Cidadá local tamén anunciou que durante a celebración da festa da Maruxaina (o vindeiro sábado) o concello procederá a cortar o tráfico na Avenida da Mariña e tamén prohibirá o estacionamento de vehículos neste vial. A este respecto Soto pediu a comprensión dos veciños e visitantes e rogou a máxima colaboración dos cidadáns “para garantir o bo desenvolvemento desta festividade declarada de interese turístico”.
No que atinxe á limpeza urbana, Begoña Alonso sinalou que o Concello ten establecido unha serie de medidas, xa habituais, como son a colocación dun considerable número de colectores distribuídos por diversos puntos das festas e varios traballadores da brigada de limpeza municipal teñen previsto desenvolver as súas tarefas dende primeiras horas da mañá do día seguinte a cada unha destas celebracións para recuperar o aspecto das rúas no menor tempo posible.
COLABORACIÓN E RECOMENDACIÓNS
A responsable de Medio Ambiente cervense pediu a colaboración de tódalas persoas que van a estar de festa e convivindo nestas xornadas nas distintas celebracións esixindo o máximo respecto e coidado con todo o material e mobiliario urbano, tanto público coma privado. “En definitiva, que sean unas fiestas cívicas y agradables, en las que no se produzcan ningún tipo de desperfectos”.
Entre as recomendacións dadas polos responsables municipais figura que non se sirvan bebidas en vasos ou botellas de cristal para evitar cortes e outros danos en persoas e vehículos; que se faga uso dos colectores de lixo instalados para estas celebracións evitando depositar os residuos na rúa ou noutros espazos non habilitados ao efecto; que se utilicen os baños públicos e que se respecte en todo o momento o mobiliario urbano, vehículos, vivendas e outros espazos públicos ou privados.
Tamén se solicita aos condutores que respecten a sinalización e as indicacións dos axentes da Policía Municipal, Garda Civil e Urxencias; que non estacionen en zonas valadas ou de acceso restrinxido para evitar atascos; e que procuren evitar acceder con vehículo aos lugares das celebracións e opten por utilizar as zonas de aparcamento habilitadas.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



