VODAS DE PRATA
A pasada semana tivo lugar a XXVI edición da Feira do Libro de Foz, o que quere decir que o tradicional certame acadou o estatus das vodas de prata.. Efectivamente foi en agosto de 1986 cando por vez primeira os xardíns portuarios da praza Conde de Fontao convertíanse temporalmente en espléndido escaparate no que satisfacer as ansias dos lectores, ou a simple curiosidade das persoas que se acercaran a contemplar a novedosa mostra dos libros a pe de rúa.
Diremos que poucas persoas do complexo e difícil mundo dos libros crían que a de Foz fose unha feira con futuro: e non faltaba razón a tal presaxio á vista de cómo, pobos de maior entidade que o noso, non foron quen de mantela e cómo, noutros casos, fixérono a trancas e barrancas, faltando anos á cita. Non ocurríu, sen embargo, en Foz que dende o primeiro día ata hoxe non tivo interrupción, o que por outra parte convertiuno no evento cultural mais importante da nosa vila, se atendemos a algúns paràmetros: é o de mais longa duración, pois nengún outro ten acadado os 25 anos de vida; é o que rexistra mais concurrencia, pois a suma das distintas edicións son moitos miles de persoas as que levan pasado por ela e é tamén ó que acudiron mais intelectuais á nosa vila: como pregoeiros, escritores para presentar seus libros e asinalos, conferenciantes, actores, contacontos, etc.
A Feira do Libro deu a Foz nome e prestixo no mundo da cultura.
A edicion que o domingo á noite remataba resultou tamén exitosa; obtivo unha moi boa asistencia de público, nela foron presentados varios libros e publicacións, entre eles o do nª 2 de Bolanda, a magnífica revista que edita A Pomba do Arco, contacontos, mago, actuacións folclóricas. Pechou esta XXVI edición da Feira do Libro a Banda de Música de Foz, que foi moi aplaudida, baixo a dirección de Arcadio Mon.
Facemos votos porque a Feira do Libro de Foz perviva por moitos anos, para maior groria do noso pobo.
Suso Fernàndez



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



