NOTA DE PRENSA
A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Publica convoca a todos os veciños e veciñas de Foz a Concentración e posterior Manifestación que se vai celebrar o vindeiro sábado 01 de Outubro de 2011.
A Concentración terá lugar as 12 horas no sitio de costume (Avenida da Mariña, esquina Xoán Montes). A continuación terá lugar a manifestación ata a Casa do Mar.
O motivo e reclamar un servizo de urxencias médicas 24 horas para o Centro de Saúde de Foz, así como protestar ante os recortes que está a levar a cabo a Consellería de Sanidade no noso Concello.
Recortes que non parecen ter fin. Pois a retirada da ambulancia do 061 da quenda de noite, temos que engadir a retirada do autobús que viña a facer as mamografías a Foz, e agora as nosas veciñas teñen que desprazarse a Burela. E temos as portas a modificación do médico de urxencias de por as tardes.
Queremos agradecer o apoio a esta manifestación dos partidos políticos da oposición de Foz.
Focenses, esperámosvos. Non podemos consentir estes recortes.
Coa sanidade non se xoga. Que ninguén fale por ti. Acude á manifestación.