Nota de prensa
ANTONIO VEIGA PRESENTOU “TODOS A XOGAR!” O PROGRAMA INTEGRAL DE DINAMIZACIÓN SOCIAL A TRAVÉS DO DEPORTE
Este programa desenvolverase desde agora, en setembro, até abril de 2011 nos concellos lucenses de menos de 5.000 habitantes poñendo en marcha actividades físicas para toda a poboación
Veiga sinalou que o programa vai dirixido a reducir o desequilibrio territorial facendo que os concellos do rural dispoñan dos mesmos servizos
LUGO, 1 de setembro de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, xunto ao director deportivo da Fundación Balogal, Cristino Menor, presentaron esta mañá no salón de actos da Deputación de Lugo o programa integral de dinamización social a través do deporte no medio rural na provincia de Lugo chamado “Todos a Xogar!”. Este programa, que pretende “achegar a actividade física a determinados grupos de poboación no medio rural dos concellos lucenses de menos de 5.000 habitantes que polas súas características adoecen dunha escasa oferta neste ámbito”-segundo sinalou Antonio Veiga-, botará a andar na súa primeira fase xa neste mes de setembro e desenvolverase até abril do ano que vén.
Na súa intervención, o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, fixo fincapé en que se trata “dun programa totalmente transversal, que implica desde o deporte ao benestar social, igualdade e xuventude, xa que pretende reactivar a actividade física nos segmentos de poboación que habitualmente non realizan deporte en concellos do rural nos que hai menos oportunidades”. Veiga indicou que esta proposta de dinamización da actividade física “non só se ofertará aos concellos, senón que tamén se desenvolverá en colaboración con colectivos de persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, etc., porque entendemos que, malia estar nunha época de recortes orzamentarios nas administracións, non se debe reducir o gasto en benestar social, como se aprecia por exemplo na Xunta de Galiza, xa que aumentaría as desigualdades entre a pobación”.
O programa “Todos a Xogar!” será posto en marcha pola Fundación Balogal co sustento económico da Área de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo mediante un convenio que se asinou entre ambas partes. O programa, segundo explicou Cristino Menor estabelecerase en torno a catro eixos de acción:
-Axudamos a facer deporte: ciclo de compoñente formativa destinado a persoas á fronte de entidades públicas, asociacións, colectivos de índole deportiva para potenciar o máximo os seus recursos orientados ao fomento da actividade física (formación en materia legal, apoio administrativo, subvencións, xeración de recursos públicos, etc)
-Eu tamén xogo no Breo: fomento da actividade física para colectivos de necesidades especiais como persoas con discapacidade física, persoas en risco de exclusión social, etc.
-Obradoiros deportivos: fomentar costumes saudables a través do exercicio físico de xeito lúdico na franxa de idade escolar entre 1º e 6º de primaria, centrando os esforzos en concellos e lugares onde os nenos e nenas adoezan da posibilidade de facer actividades deportivas.
-Non te retires, volve a xogar: dinamización da actividade física xerontolóxica, xa que a poboación envellecida é unha constante nos concellos do rural lucense, co que se trata de ofrecer actividades de envellecemento activo e tamén xerar dinámicas sociais que favorezan o contacto entre persoas maiores moitas veces illadas por cuestión da dispersión xeográfica.
“TODOS, ¡AXOGAR!”PROGRAMA INTEGRAL DE DINAMIZACIÓN SOCIALATRAVÉS DO DEPORTE NO MEDIO RURAL DAPROVINCIA DE LUGO
——————————————————————————–
Page 2
INDICE1. Descrición do proxecto. “TODOS, ¡A XOGAR!”2. Eixos de actuación1.Información sobre xestión pública deportiva. (Axudamos a facer deporte).2.Actividade física para colectivos con risco de exclusión social. (Eu taménxogo no Breo).3.Actividade física en idade escolar (Obradoiro deportivo).4.Actividade física xerontolóxica (Non te retires, volta a xogar).3. Temporalidade do proxecto e área xeográfica de actuación.
——————————————————————————–
Page 3
1. DESCRIPCIÓN DO PROXECTO:O PROXECTO “TODOS, ¡A XOGAR!” nace coa idea de achegar a actividadefísica a determinados grupos de poboación no medio rural, con característicasmoi marcadas e unha oferta escasa neste ámbito en concreto.Gustaríanos que tanto os cativos en idade escolar, a xente da terceira idade, etamén aqueles que teñan algún tipo de discapacidade, poidan beneficiarsedeste plan que achegará ata os seus concellos a profesionais do sector daactividade física preparados e formados para adaptar o exercicio lúdico esaudable as súas características persoais.A idea de partida e que o PROXECTO “TODOS, ¡A XOGAR!” sexa o máis globale integral posible, por iso leva intrinsecamente (a maiores das sesiónspropiamente ditas) unha parcela de formación de persoal enfocada por dúasvías:A que se lle imparta o persoal seleccionado para dotar dunha máxima calidadea parte docente do proceso, e outra que terá como finalidade un maior emellor coñecemento da xestión pública deportiva, co fin último dunhaoptimización dos recursos.Entendemos que da man da Deputación Provincial de Lugo, e aproveitandoesta posibilidade que nos brinda, debe achegarse esta oferta aos concellos que por censo non cheguen a un número de veciños que garanta poder gozar destes servicios ao cidadán.Esta nova e ambiciosa iniciativa da Deputación prolongarase dende o mes desetembro ata finais de abril, marcándose unha serie de prazos no proceso quemáis adiante desglosaremos no apartado da temporalidade.Resumindo, atopámonos ante un proxecto avalado a tódolos niveis polaDeputación Provincial, disposta a dotar dos medios humanos e materiais precisos para levar aos pequenos concellos lucenses, unhas sesións deactividade física adaptada aos diferentes grupos de poboación anteriormentemencionados, e ademais facelo a través de profesionais formados e orientadosespecificamente cara estas actividades.
——————————————————————————–
Page 4
2. EIXOS DE ACTUACIÓN:Información sobre xestión pública deportiva:◦Axudamos a facer deporte▪ Comezamos neste apartado do programa por ser o máis diferente pero nonpor iso menos importante. Loxicamente aquí non se trata de levar adianteunha actividade de corte físico senon mais ben informativo e formativo. O xeito de que en cada pequeno concello, club, agrupación deportiva ouentidade canalizadora de fondos públicos, se poidan aproveitar estes ao máximo, e coñecendo en profundidade a xestión pública deportiva. Este e ofin desta rama do PROXECTO “TODOS, ¡A XOGAR!”, trasladar a tódolospuntos da provincia un programa de formación nesta materia, impartido por especialistas no sector. Deste xeito dotaríamos as persoas que estean á fronte das entidades publicas ou privadas de índole deportivo, dainformación ou ferramentas para poder optimiza-los medios dos quedispoñen e ser quen de potencia-lo máximo dos seus recursos orientados ao fomento da actividade física nas súas comarcas, concellos ou incluso parroquias.Os piares sobre os que se cimentaría este ciclo informativo serían:◦ Subvencións.◦ Xeración de recursos públicos.◦ Tramites legais para constitución de clubes ou agrupacións deportivas.◦ Apoio administrativo para os concellos para creación deactividades propias.
——————————————————————————–
Page 5
Actividade física para colectivos con risco deexclusión social.Eu tamén xogo no Breo.▪ Da man das distintas asociacións e institucións de discapacitados de Lugoou colectivos concretos con risco de exclusión social, queremos facerextensible a oferta de actividade física a este grupo de poboación enocasións esquecido. Un proxecto non pode aspirar a ser integral se deixa omarxe a calquera colectivo por complexo que sexa o traballo.A figura do profesional que leve adiante esta actividade é de máximarelevancia, posto que se require unha gran experiencia e coñecementoneste sector. Do mesmo xeito a presencia dos propios coidadores fará viableesta experiencia, que pretende mediante unha actividade física semanaladaptada, favorece-lo benestar dos distintos grupos participantes segundo asúa discapacidade. O proxecto será totalmente personalizado, e adaptadopara cada colectivo en particular, ven sexa por condicionantes motores ousociolóxicos
——————————————————————————–
Page 6
Actividade física en idade escolarObradoiro deportivo ▪ Centraremos o traballo na franxa de educación primaria (de 1º a 6ºámbolos dous inclusive) polas seguintes razóns:Son os cursos académicos que se corresponden coas principais fases sensibles do aprendizaxe motor. Con isto queremos dicir que a propia actividade lúdica que realicemos cos rapaces será capaz de mellora-lassúas capacidades físicas básicas, que neses anos estanse a xerar.Podemos fomentar unha serie de costumes saudables no neno quepreveñan futuros problemas de obesidade e sedentarismo.Os rapaces demandan actividade e moito exercicio nestes anos, perodificilmente teñen equipos ou grupos con quen poder xogar ou exercitarse,dado que nestas idades temperás non hai competicións escolares, e dehabelas atopasen habitualmente fora do seu alcance por realizarse estas nomedio urbano.O inicio do proxecto na idade escolar, desenvolveríase cunha carga de dúashoras semanais enfocadas sempre dun xeito lúdico 100%, aínda que levandoun transfondo do mais enriquecedor o tempo que imperceptible para o cativoque soamente terá a idea de estar a xogar e pasalo ben, o que cubrirá o dobre obxectivo de que queira volver o seguinte día e seguir facendo exercicio entreas sesións.
——————————————————————————–
Page 7
Actividade física xerontolóxicaNon te retires, volta a xogar▪ Importancia máxima a que debe ter para nos os nosos maiores.Encontrámonos cunha sociedade onde cada vez a esperanza de vida e maiore polo tanto este grupo de poboación medra ano a ano. Dende o PROXECTO“TODOS, ¡A XOGAR!” contemplase como prioritario un programa deactividades que se adapten as necesidades e características. Cun prantexamento inicial de dúas sesións semanais, dunha hora cada unha,buscaremos a mellora na calidade de vida dos participantes, a través deincidir nalgunhas das capacidades condicionais básicas:Flexibilidade: desglosada en mobilidade articular e elasticidade.Resistencia: non entendida na súa vertente de rendemento, senon nunhamellora da capacidade aeróbica de base, mediante un exercicio de baixaintensidade pero sostido no tempo.Forza: de novo pensada e enfocada a mellora da calidade de vida diaria. Unfortalecemento e tonificación da musculatura mais precisa no día a día, asícoma a faixa lumbo-abdominal, e sempre deixando unha porta aberta as individualidades.A maiores destas capacidades condicionais, os exercicios e o mesmo deseñodas sesións queren maximiza-lo traballo cognitivo dos participantes así como a interactuación entre eles. Estes dous apartados son de igual importancia queos anteriores posto que nesta franxa de idade é cando aparecen nunha maior porcentaxe as problemáticas nos apartados cognitivos. Do mesmo xeito, pola distribución espacial destes pequenos concellos, creemos que é positivofavorecer as xuntanzas ao mesmo tempo que se fagan dunha maneira quepotenciea intreractuacióncos demais.
——————————————————————————–
Page 8
3. TEMPORALIDADE E AREA XEOGRAFICA DE ACTUACIÓN:Dende o 1 o 15 de setembro: prazo de inscrición.Dende o 1 o 15 de setembro: Selección persoalDo 15 o 30 de setembro : Visita os concellos inscritos.Do 15 o 30 de setembro : Proceso de formación do persoal.Do 1 de outubro o 1 de marzo: Execución do proxecto nos diferentes concellos.Do 1 o 15 de marzo: Avaliación final (sobre os datos da avaliacióncontinua).Do 15 de marzo o 1 de abril : Presentación da memoria do PROXECTO “TODOS, ¡A XOGAR!”O PROXECTO “TODOS, ¡A XOGAR!” ten como finalidade chegar ata os concellos de menos de 5.000 habitantes de toda a provincia de Lugo.