Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ VALORA POSITIVAMENTE A APROBACIÓN DE MEDIDAS POR PARTE DO PARLAMENTO PARA AMINORAR OS DANOS CAUSADOS POLOS XABARILES, PERO DI QUE QUEDAN PENDENTES CUESTIÓNS IMPORTANTES COMO AS DEMANDAS PENDENTES DE PAGO DESDE O 2009 OU A CREACIÓN DUN SEGURO COLECTIVO.
Ribadeo, 16 de setembro de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a aprobación de medidas por parte do Parlamento de Galicia para tentar aminorar os danos causados polos xabariles na Mariña, pero di que hai cuestións pendientes moi importantes que non aparecen por ningures como as demandas pendentes de pago desde o ano 2009 ou a creación dun seguro colectivo.
O rexedor sinalou que “sobre esa proposta aprobada no Parlamento galego a instancias do PP debo valorala positivamente, pero con moitos matices porque primeiramente a iniciativa dos propios cazadores e dos labregos como afectados por esta desfeita que están a ocasionar os xabariles foi o motor para que reaccionasen as administracións competentes”.
Suárez Barcia lembrou que “o Concello de Ribadeo hai mes e medio aprobou unha proposta dirixida á Xunta só cos votos a favor do BNG, porque o resto da oposición, entre eles o PP, votou en contra e agora alégrome que o Parlamento galego inicie tímidamente actuacións no sentido de declarar obxectivo número un a esta comarca para que así non teña que haber informe previo de danos por parte da Xunta”. O alcalde ribadense advirte que “hai moitísimas cuestións de suma importancia das que esta proposta do PP non di nada. Non di nada, por exemplo, de cándo se van pagar os centos e centos de demandas pendentes desde o ano 2009 aos afectados polas desfeitas dos xabariles nos seus cultivos. Tampouco se di nada de que máis se vai avanzar porque isto realmente é unha medida a curto prazo importante, pero hai que adoptar outro tipo de medidas a medio e máis longo prazo porque os xabariles son unha especie de praga que vai en aumento debido ao abandono do rural. É exemplificante saber que si un xabaril entra nunha leira de millo e ao lado hai fincas abandoadas acaba tendo a cama onde ten a comida. Esas medidas de crear un seguro colectivo non aparecen por ningures, aínda que é un avance positivo isto que acaban de aprobar”.
Fernando Suárez lamentou que “o PP de Ribadeo non se sumara a esa proposta que fixemos desde o goberno municipal, a raíz das demandas e do compromiso que tiñamos entre os diferentes tecores da comarca e os propios labregos afectados”.























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



