Nota de prensa
Delegación de Servizos Sociais
Que se realizaba o sábado coincidente coa Festa da Faba
O CONCELLO DE LOURENZÁ NON VAI A CELEBRAR A TRADICIONAL XUNTAZA DA TERCEIRA IDADE
O motivo non é outro máis que a actual situación de crise que está atravesando o noso país e que nos obriga a reducir o gasto do Concello
A austeridade non afecta aos Servizos Sociais do Concello que inclusive se van a incrementar os casos atendidos en Axuda a domicilio.
Lourenzá, 7 de setembro do 2011.- Dende a concellería de SS.SS do concello de Lourenzá informase de que este ano non se vai a celebrar a tradicional Xuntanza da 3ª idade ” coincidindo coa Festa da Faba. O motivo de tal decisión ven dado pola situación de crise que está atravesando o noso país e afecta de xeito importante as administracións locais. Segundo informa a Concelleira Emma Alvarez, “estamos atravesando unha situación complicada onde os recortes orzamentarios do Goberno Central nos leva a ter que tomar medidas drásticas como esta que esperamos se trate dun aprazamento na data e se poida celebrar máis para diante. Agora máis que nunca os Concellos debemos xestionar os recursos públicos có máximo rigor e eficiencia”.
É por iso que debemos comunicar que os Servizos Socias do Concello non van a sufrir ningún tipo de recorte, de feito increméntanse os casos de atendidos en Axuda a Domicilio tanto en Dependencia como en Libre Concorrencia.
Destacamos que non existe lista de espera en Dependencia, malia isto, incrementaremos os casos atendidos, oa igual que na modalidade de Libre Concorrencia que ten máis demanda e pouco a pouco vamos reducindo a lista de espera asumindo este incremento de custo o propio concello.
As aportacións que recibimos doutras Administracións para sufragar o custo do servizo de axuda no fogar para libre concorrencia non son suficientes para sufragar todo o gasto polo cal o concello asume unha importante parte do custo do servizo, asumindo gastos xustificados e necesarios para os servizos sociais e para o propio beneficio dos usuarios dos mesmo.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



