Nota de prensa
Tumba e Dálle cumple un ano.
O grupo, que fai música tradicional galega, aglutina músicos de diferentes localidades da Mariña.
O 18 de setembro de 2010, debutaba na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, o grupo Tumba e Dálle. E facíao na I Festa de Exaltación do Cemento e acompañando no cartel a grupos e artistas xa consolidados no panorama cultural galego. A boa acollida que tiveron ese día non fixo máis que incitar unha xa de por sí ampla ilusión pola música, por disfrutar tocando, e porque outros poidesen disfrutar con eles. Foi o comezo dunha de momento breve pero intensa traxectoria. Un ano no que destacan actuacións coma a xa citada Festa de Exaltación do Cemento, a Festa do Mexilón en Vilanova de Arousa , a cada vez máis consolidada cita de música galega como é o San Caetano, en Celeiro de Mariñaos, a Festa Folk Elimar ou a Foliada do Emigrante ademáis dun bo número de festas e actuacións en locais da zona.
A nivel organizativo, no mes de Abril, levaron a cabo a Foliada Tumba e Dálle na ribadense parroquia de Rinlo aínda que a sede social da formación atópase en San Miguel. Non descartan, non obstante, facer máis edicións en diferentes lugares despois do éxito da primeira na que acadaron reunir a máis de cen músicos da zoa.
No futuro, pola cabeza destes mariñáns pasa o seguir disfrutando, o tentar que o público disfrute do seu ritmo e o seguir mostrando con orgullo o rico repertorio tradicional galego. Iso sí, despois de pasar polo tamiz “tumbeiro”. Porque esa é a esencia do seu repertorio, pezas tradicionais ás que eles lles introducen os seus arranxos, o que os dota dun son propio. Son que quen sabe se algún día poderemos atopar nas tendas de discos.
Parabéns polo aniversario, e que sexan moitos máis





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



