Notas de prensa 1/2
O CONCELLO ACOLLERÁ MAÑÁ O SORTEO DE 30 PISOS DE PROMOCIÓN PÚBLICA ENTRE OS SEUS ADXUDICATARIOS. FERNANDO SUÁREZ DI QUE É UNHA MOI BOA NOTICIA PARA RIBADEO, AÍNDA QUE CONSIDERA INSUFICIENTE O NÚMERO DE VIVENDAS PÚBLICAS QUE SE ESTÁN A FACER.
Ribadeo, 6 de setembro de 2011. O salón de plenos do Concello acollerá mañá o sorteo de 30 pisos de promoción pública entre os seus adxudicatarios. O alcalde, Fernando Suárez, di que é unha moi noticia para Ribadeo, aínda que “é insuficiente o número de vivendas públicas que se están a facer”.
O rexedor sinalou que “finalmente no día de mañá váise proceder ao sorteo das vivendas de protección oficial entre os adxudicatarios definitivos que participaron neste proceso ao longo dos últimos meses”. Fernando Suárez lembrou que “estas 30 vivendas sociais que se van adxudicar en Ribadeo foron feitas despois de que o Concello, hai xa varios anos e a proposta de quen agora fala e que naquel momento era tenente de alcalde, suxerise ceder un terreo de propiedade municipal na vía Transversal á Xunta para que se construisen vivendas sociais”. O alcalde ribadense engadiu que “o goberno bipartito da Xunta aceptou dita proposta do Concello e licitaron as obras que tiveron un custe duns dous millóns e medio de euros. O proceso finalizou despois dunha presentación de propostas e de candidatos e no sorteo ante notario foron escollidas 30 familias. E agora mañá, aquí no salón de plenos do Concello de Ribadeo, haberá o sorteo para escoller as vivendas”.
Suárez Barcia dixo que “é unha moi boa noticia para Ribadeo aínda que, como sempre se di, é insuficiente o número de vivendas públicas que se están a facer. É moi importante que aprobemos o PXOM canto antes para ter máis solo dispoñible para que os Concellos e a Xunta poidamos proseguir na construcción de vivenda pública, de vivenda de calidade, de vivenda protexida a prezos razoables e que poden resolver un problema a moitas familias”.
Notas de prensa 2/2
O IGVS SORTEARÁ ENTRE OS SEUS ADXUDICATARIOS 30 VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA CONSTRUÍDAS EN RIBADEO
Os inmobles corresponden a un proxecto no que a Xunta de Galicia investiu preto de 2,6 millóns de euros na capital do municipio ribadense
Os adxudicatarios disporán dun prazo de quince días para aceptar definitivamente a adquisición dos pisos que lles corresponderon
O sorteo terá lugar mañá no salón de plenos do consistorio do concello mariñan a partir das 10.00 horas
Lugo, 6 de setembro de 2011.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo sorteará mañá entre os adxudicatarios as 30 vivendas de promoción pública construídas por este organismo no concello de Ribadeo. Con este sorteo, que terá lugar no salón de plenos do concello de Ribadeo, asignaranse vivendas concretas a cada un dos adxudicatarios. Presidirá o sorteo o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José María López Vega.
Este sorteo facilitará a adquisición dos pisos correspondentes a unha promoción na que a Xunta de Galicia, a través do departamento autonómico con competencias en materia de vivenda, investiu un importe de case 2,6 millóns de euros (2.599.800,02 euros) no municipio de Ribadeo.
Unha vez realizado o sorteo, os adxudicatarios poderán visitar a vivenda que lles correspondera. Posteriormente recibirán, por correo e de forma personalizada, a carta pola que se lles comunica a vivenda que lles foi adxudicada, o réxime (alugueiro ou compravenda, en función dos ingresos familiares) e o prezo que lles corresponde pagar polo alugueiro ou a compra da vivenda. Os adxudicatarios terán un prazo de quince días para comunicar ao IGVS a aceptación da vivenda ou a renuncia á mesma.
As vivendas adxudicadas en Ribadeo son 30, das que 17 contan con dous dormitorios e superficie útil entre 61 e 64 metros cadrados, dez contan con tres dormitorios e 81 metros cadrados de superficie útil e dúas dispoñen de un dormitorio (una delas adaptada para o uso por persoas con problemas de mobilidade) e superficies de 50 e 53 metros cadrados.
As vivendas adxudicáronse en réxime de compravenda ou de alugueiro, en función dos ingresos acreditados polos solicitantes. A normativa establece que se os ingresos non superan 1,5 veces o Indicador Público de rendas de Efectos Múltiples (Iprem) a adxudicación farase obrigatoriamente no réxime de alugueiro. Quince das vivendas foron adxudicadas precisamente neste réxime de alugueiro e as restantes, en compravenda.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



