Nota de prensa
A iniciativa, promovida polo voceiro do Mar do Grupo Popular, será obxecto de debate este xoves, día 8 de setembro, na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia
BALSEIRO INSTÁ Á XUNTA A DAR CONTINUIDADE Á LIÑA EMPRENDIDA POR PORTOS DE GALICIA EN APOIO AO PEIRAO DE MIRASOL EN RIBADEO
O deputado pide ao ente público dependente da Consellería do Mar que manteña os seus esforzos e investimentos de cara a “asegurar, afianzar e expandir” o volume de tráfico portuario desta dársena comercial lucense.
Balseiro Orol asegura que este porto é unha infraestructura de “importancia estratéxica” como elemento dinamizador da economía e o emprego da área da Mariña Oriental e do conxunto da comarca.
Proxectos impulsados polos gobernos socialistas en Madrid e Asturias buscaban arrebatar ao porto de Mirasol as operacións da papeleira ENCE, que representa de orde ao 65% da súa actitivade, pero o PP, tras acceder á responsabilidade de Goberno na Xunta, puxo en marcha unha ofensiva en apoio do porto ribadense.
Santiago, 06 de setembro de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, defenderá no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo prevista para este xoves, 8 de setembro, no Parlamento de Galicia, unha iniciativa -da que é autor- e pola que se lle insta á Xunta a dar continuidade á liña de traballo emprendida por Portos de Galicia en apoio ao peirao ribadense de Mirasol.
Máis en concreto, o deputado popular pide ao ente público portuario, dependente da Consellería do Mar, que pese ás restriccións orzamentarias imprescindibles nestes tempos de crise, priorice este apoio e manteña os seus esforzos e investimentos de cara a “asegurar, afianzar e, incluso expandir” o volume de tráfico portuario desta dársena comercial lucense.
OFENSIVA DO PARTIDO POPULAR NA XUNTA
Jose Manuel Balseiro lembra que foi o Partido Popular a primeira forza política comprometida coa ofensiva en defensa do porto comercial de Ribadeo, que se atopaba amenazado polos proxectos impulsados desde os gobernos socialistas central e asturiano. No seu momento, ambas administracións -en mans do PSOE-, pretendían arrebatar a Mirasol as operacións de transporte de mercancías da empresa papeleira ENCE, e empregar como porto alternativo a dársena do Musel en Xixón, o que suporía un menoscabo económico moi forte para o periao ribadense (xa que da orde do 65% do total da actividade deste porto lucense é de ENCE) e implicaría a perda de moitos postos de traballo.
A victoria do Partido Popular en Galicia, e a marcha do Executivo autonómico das forzas do bipartito, que actuaron que deixadez absoluta ao dar por perdida esta batalla, permitiu que os novos xestores de Portos de Galicia fixeran unha ambiciosa oferta a ENCE, que incluía desde obras de melloras nas infraestruturas, ata ofertas nas taxas aplicables ás operacións portuarias…. de tal xeito que acadouse un logro substancial: a multinacional papeleira asinou un convenio coa Xunta e adquiriu o compromiso de manter como base das súas operacións o peirao riabdense de Mirasol.
MIRASOL: INFRAESTRUTURA ESTRATÉXICA
Coa iniciativa do Grupo Parlamentario Popular se estaría a procurar continuar nesta liña de traballo e cooperación conxunta, e desenvolver as melloras portuarias comprometidas e dirixidas a garantir a actividade no porto de Mirasol ou incluso incrementala no futuro próximo. O esforzo da Xunta estaría máis que xustificado pois, segundo Jose Manuel Baleiro explica, o porto comercial ribadense é unha “infraestrutura estratéxica” de tal xeito que se constitúe como un “elemento dinamizador clave da economía e o emprego da área da Mariña Oriental e do conxunto da comarca”.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



