Nota de prensa
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba incrementan a súa actividade, acadando 108 intervencións
– Segundo o último informe de actuación, en xuño contabilizáronse 25 actuacións, en xullo 30 e en agosto 33, atendendo as emerxencias da totalidade da zona norte da provincia
– O complexo de Vilalba rexistrou en agosto o maior número de incidentes con 17 intervencións, na súa maioría incendios, seguido de Barreiros con 9 e Viveiro con 7
– Besteiro marcou como novo reto acadar a cobertura contraincendios no 100% da provincia logo de lograr o 90% no primeiro mandato coa posta en marcha de 5 parques de bombeiros
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba, incrementan mes a mes a súa actividade, sumando 108 intervencións dende a súa posta en marcha o 1 de maio. Os 66 profesionais destes complexos recén contratados para prestar servizo contraincendios na totalidade da zona norte da provincia, actuaron nun total de 25 municipios lucenses.
Segundo ó último informe de actuación, xuño rexistrou 25 intervencións, xullo 30 e agosto 33. O pasado mes, os bombeiros sofocaron 20 incendios (forestais, vivendas, naves, vehículos ou material urbano), efectuaron 7 excarcelacións, 2 rescates de persoas e atenderon 2 fugas de auga e gas, ademais de realizar outras 2 tarefas de prevención tales como limpeza de estradas.
Os Concellos nos que actuaron en agosto foron 17: Foz, Burela, Mondoñedo, Ribadeo, Alfoz, Trabada, Viveiro, Cervo, Vilalba, Muras, Abadín, A Pastoriza, Cospeito, Guitiriz, Begonte, Rábade e Outeiro de Rei.
Actividade por complexo
A actividade por complexo durante o mes de agosto foi a seguinte:
– Barreiros rexistrou 9 intervencións: 6 incendios en Ribadeo, Alfoz, Foz (2) e Mondoñedo (2); 1 excarcelación en Trabada; 1 rescate en Ribadeo; 1 fuga de gas en Burela.
– Viveiro, 7 intervencións: 4 incendios no municipio viveirense, 1 excarcelación, 1 fuga de gas e 1 actuacións de prevención en Cervo.
– Vilalba, 17 intervencións: 10 incendios en Muras, Cospeito, Outeiro de Rei, Begonte, Vilalba (3), Guitiriz (2) e Rábade; 5 excarcelacións en Vilalba, Abadín, Guitiriz e Outeiro de Rei (2); 1 rescate de persoas en A Pastoriza e 1 actuación de prevención en Vilalba.
Novo reto
A creación do Consorcio provincial de bombeiros que a actual Deputación e o anterior Goberno galego impulsaron en 2008, supuxo a posta en marcha destas instalacións que, xunto ás de Sarria e Chantada, dan cobertura ó 90% da provincia lucense. Deste xeito, durante o primeiro mandato, o equipo de goberno provincial logrou rematar coa discriminación que durante décadas sufría Lugo en materia de prevención, deixando de ser a única provincia galega que aínda non contaba con servizo contraincendios. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, marcouse como reto do novo mandato acadar a cobertura no 100% da provincia mediante o co-financiamento da Xunta.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



