COMUNICADO DE PRENSA
Otero Regal, resultou elixido vogal da Comisión Galega de Artesanía, pola provincia de Lugo, tras o escrutinio dos votos, efectuado o pasado venres 23 de Setembro, na sede da Conselleria da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.
As eleccións presentabase tamén como candidata, do sector da cesteria Idoia Cuesta, de orixe vasco, pero asentada en Lugo dende fai tempo.
Os resultados foron os seguintes:
Alfonso Otero Regal: 45 votos
Idoia Cuesta Alonso: 31 votos
O próximo mes de Outubro tomaran posesión os vogais , cargo que ocuparan durante os próximo catro anos.
A Comisión Galega de Artesanía é un ente consultivo, emanado da Lei de Artesania de Galicia, formado de forma paritaria por representantes da administración, Conselleria de Industria, Cultura, Traballo e Educación e por outro lado os representantes dos artesans, 4 a nivel provincial e 4 en representación das asociacións.
Otero Regal pretende convocar proximamente unha asamblea de artesans da provincia de Lugo, na actualidade son uns 600 censados, e tamen abrir unha paxina web e un foro para manter informado ó sector sobre as actividades representativas.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



