Procesión de caladiños
Co do catalán non nos toquen os narices, díxolle Artur Mas ao PP pensando no futuro. Vostedes verán o que aspiran a facer connosco cando queiran chegar á Moncloa, pero tomamos nota da súa actitude cara ao catalán, espetoulles sen lle tremer o pulso nin a voz. Non entanto, o máis rechamante foi a reacción de González Pons.
Lonxe de lanzar un órdago contra CiU na defensa da lingua cervantina, González Pons afastouse de discursos maximalistas (cousa que non fixo coa promesa dos 3,5 millóns de postos de traballo) e fíxolles as voltas mostrando o seu desexo de estar moi preto de CiU, polo que non farían nada que puidera entorpecer as súas relacións. Evidentemente, dous non rifan se un non quere.
Éche unha mágoa que na sede madrileña do PP non pensaran o mesmo con respecto aos seus compañeiros de Santiago cando estaban dispostos a se sumar ao consenso para reformar o estatuto, nomeadamente no tema da lingua galega. Non: neste caso non lles facía falta amornar as augas co PP(deG?). Deron ordes e desde aquí aceptaron obedientemente. Ben se viu despois co decreto contra o galego no ensino.
Cando un país defende os seus sinais de identidade síntese orgulloso do seu e tamén loita polos seus sectores produtivos, pola súa xente. Velaí a Artur Mas, a toda a sociedade catalá, defendendo o seu. Ultimamente tamén lles deu polo AVE do mediterráneo. Pero claro, en tempos de crise, o diñeiro non dá para todo. E coa escusa do teito do gasto, tan ben argallada por PP e PSOE, e da eficiencia das inversións, poñen enriba da mesa o seu Mediterráneo, e dan de menos o Atlántico. Por certo: non só CiU, tamén as doce capitais de provincia do Mediterráneo, do PP. Días atrás comentabamos que non era prudente fiarse, a pau seco, da palabra dun ministro. Non hai nada coma os feitos. E os do PP están aí: non facer nada que prexudique as súas relacións con CiU. E a maiores, as alcaldías populares no Mediterráneo pedindo o AVE para eles.
Como no 1996, semella que o PP de Feijoo vai quedar fóra de xogo; lembren o nivel de inversións de Aznar en Galiza: pésimo. E agora Cospedal, o novo presidente valenciano, Arenas dentro de pouco en Andalucía e Feijoo e os deputados galegos en Madrid como unha procesión de caladiños. Non é de estrañar que Rajoy non se queira comprometer máis a fondo co AVE galego. Datas?! Para que? Deixa pasar as eleccións e despois estacazo que te criou!
Farruco GRAÑA





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



