A aula CeMIT do concello de Burela impartirá un curso de alfabetización dixital na semana do 31 de outubro ao 6 de novembro. Tratase dun curso de “Uso de Redes Sociais” dirixido a persoas adultas con coñecementos básicos de Internet. O curso rematará o 11 de novembro, contará cunha duración de 12 horas e o seu horario será de 11 a 12:30 horas. Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es
A aula CeMIT de Burela impartirá un curso de alfabetización dixital sobre o “Uso de Redes Sociais”
A aula CeMIT de Burela impartirá un curso de alfabetización dixital sobre o “Uso de Redes Sociais”
Relacionado
-
A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
-
Para celebrar o Día das Letras Galegas, foi inaugurado este venres o primeiro Buzón de Intercambio de Lectura do Concello de Burela
-
IX Reunión de Primavera da SGPF – Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario en Ribadeo