Nota de prensa:
A Deputación rematará a constitución dos órganos de xestión das Reservas da Biosfera a mediados de novembro
– Esta data fixouse trala reunión que o Presidente mantivo cos Alcaldes dos 3 Concellos situados dentro da Reserva dos Ancares, declarada en 2006 e que ocupa o 6% da superficie da provincia
– A institución provincial prepara un Plan de Acción que definirá as liñas estratéxicas de conservación e desenvolvemento a aplicar en Terras do Miño e Os Ancares, que deberán aprobar estes órganos de xestión
– O BOP publicará este sábado a convocatoria para que se sumen ó proxecto os colectivos sociais e profesionais incluídos nestes espazos naturais, ben sexan comunidades de montes, organizacións agrarias, ecoloxistas, de turismo rural ou de defensa do patrimonio
A Deputación de Lugo rematará a mediados de novembro o proceso de constitución dos órganos de xestión das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, converténdose nunha das primeiras administracións de Galicia en dar este paso. A institución provincial fixou esta data trala asemblea que o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, mantivo este venres cos Alcaldes dos tres Concellos incluídos no espazo natural da Montaña: Navia de Suarna, José Fernández; Cervantes, Benigno Gómez; e Becerreá, Manuel Martínez. Nesta asemblea quedou conformado o Órgano de Participación da Reserva dos Ancares, ó igual que onte se creou ó correspondente a de Terras do Miño.
Os pasos que quedan por dar agora son dous. En primeiro lugar, incorporar ós Órganos de Participación creados entre onte e hoxe a representantes de aqueles colectivos sociais e profesionais que estean interesados, ben sexan comunidades de montes, organizacións agrarias, ecoloxistas, de turismo rural ou en defensa do patrimonio. Para elo, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicará este sábado unha convocatoria, á que poderán presentarse todas aquelas asociacións que así o desexen, sempre e cando desenvolvan a súa actividade no territorio incluído dentro destes espazos naturais. En segundo lugar, haberá que constituír os denominados Consellos Reitores de ambas Reservas, que asumirán as funcións de decisión e execución das medidas. Deste xeito, quedará completada a estrutura de dirección.
A Deputación xa está a traballar na elaboración dun Plan de Acción que definirá as liñas estratéxicas de conservación e desenvolvemento a aplicar en Terras do Miño e Os Ancares nos próximos anos. Precisamente, os órganos de xestión que se están a poñer en marcha estes días deberán aprobalo tras revisalo e introducir as propostas que consideren oportunas.
Concellos e cidadanía, auténticos protagonistas
Coa iniciativa adoptada polo organismo provincial, os Concellos e a cidadanía pasan por primeira vez a ter voz na toma de decisións relacionadas coa xestión das reservas, converténdose en auténticos protagonistas no deseño das estratexias de futuros destes espazos. Deste xeito, administracións municipais e organizacións sociais e profesionais terán a oportunidade de propoñer iniciativas encamiñadas ó desenvolvemento socioeconómico e á conservación das Reservas, e suxerir actuacións que revertan na mellora de calidade de vida dos veciños e do seu entorno.
Ata o momento, a Deputación asumía en solitario a xestión das Reservas Terras do Miño e Os Ancares a través do programa Lugo2, financiado con fondos europeos e co que se crearon 60 postos de traballo directos.
O 55% da provincia é Reserva da Biosfera
Lugo é a única provincia de España na que máis do 55% do seu territorio está declarado Reserva da Biosfera pola UNESCO, un valor engadido que a Deputación quere aproveitar polas oportunidades económicas e de creación de emprego que ofrece e tamén polo abano de posibilidades que abre para atallar un dos máis graves problemas que afronta a provincia, o despoboamento demográfico. Declarada en 2006, a dos Ancares foi a segunda Reserva recoñecida en Lugo e a terceira de Galicia. A súa superficie total é de 53.664 hectáreas, o que supón aproximadamente o 6% do territorio da provincia.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



