Amigo Yoyo
Amigo Yoyo : Canto te van a votar de falla os compañeiros que día a día compartían contigo uns momentos no banco do porto de Foz, no centro social, en O Mar……..
Xa hoxe ao pasar polo muelle a tua figura nótase no ambiente, que non estas, soamente se fala de ti, que pena.
A quen lle vou a pegarlle a paliza do teu Real Madrid, sempre me dicías o mesmo: ¡¡Hala Madrid!!, o Barça unha merda.
Ata os calmares te votaran en falla, que triste se queda a lancha amarela.
E que me dis do Antroido, a túa festa por excelencia, disfrazado de: Papa, de Paiaso, putilla, enfermeira, e un sen fin de disfraces que as xentes desfrutaban contigo.
Os teus amigos do alma de seguro que lles rompestes o corazón, sen a túa presenza nada será igual.
Ata chégache a tempo para pasar a historia coma o San Gonzalo da I FESTA NORMANDA celebrada en foz no mes de agosto do 2011.
Fuches moitos anos a alegría que nos leva ao traballo en San Ciprián, sempre tiñas para todos, simpático coma o que máis.
Non me diche tempo para dicirche que o home de Foz que me dixeras que vivía en Cudillero, estabas liado, non era en en Cudillero, era en Puerto Vega tamén en Asturias.
Non sei que máis dicirche, soamente que sinto moito a forma da túa despedida, que pena.
Descansa en paz
Un que che quería ben.
José L. Suárez

















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



