O COLÍDER AGARDA O PESCADOS RUBÉN EN GIRONELLA
Trepidante cita a que agarda ao CD Burela FS-Pescados Rubén este sábado en Gironella, na pista do Queralt, actual colíder da Primeira División Feminina xunto ao Atlético de Madrid Navalcarnero (15 puntos). O pavillón municipal da localidade barcelonesa acollerá o encontro a partir das 18.15 horas, nunha xornada, a sétima, na que a emoción se propaga entre os de arriba, con duelos engadidos ao laranxa: Femesala Elche e Cajasur Córdoba (terceiro e cuarto, 13 puntos) e Navalcanero-Ponte Ourense (sexto, 11 puntos).
Coa visita a terras catalás, a escuadra burelista inaugura un segundo ciclo transcendental na competición para os seus intereses de escalada na táboa, con concatenación de rivais da zona media-alta. Unha vitoria proporcionaríalles ás pupilas de Pardeiro un substancial pulo tanto clasificatorio coma moral. No entanto, non terán as cousas doadas en Gironella, ante un conxunto con boa defensa baixo os paus e bo manexo da pivote, que só cedeu puntos na pista do Soto del Real (4-2).
A recuperación de Peque experimentou unha notoria evolución nos últimos días; a madrileña xa puido tocar balón satisfactoriamente polo que o prazo da súa reincorporación ao equipo se adiantará sensiblemente.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
