Nota de prensa
MÁIS DE 300 RAPACES DOS COLEXIOS E INSTITUTOS DE A PONTENOVA, BARREIROS, TRABADA E RIBADEO PARTICIPARÁN NO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS DROGODEPENDENCIAS QUE SE DESENVOLVERÁ AO LONGO DO NOVO CURSO ESCOLAR. A ÁREA DE SAÚDE E SERVIZOS SOCIAIS QUERE QUE OS RAPACES COÑEZAN OS IMPACTOS NEGATIVOS QUE PROVOCA O USO E ABUSO DAS DROGAS, DO ALCOHOL E DAS REDES SOCIAIS.
Ribadeo, 7 de outubro de 2011. Máis de 300 rapaces dos colexios e institutos de A Pontenova, Barreiros, Trabada e Ribadeo participarán no programa de prevención das drogodependencias que se desenvolverá ao longo do curso 2011/2012, organizado polo Concello ribadense.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “desde a área de Saúde e Servizos Sociais en atención a este convenio que temos desde hai moitos anos entre os Concellos de Barreiros, Trabada, A Pontenova e o noso o persoal técnico elaborou unhas enquisas para valorar os resultados nos máis pequenos, nos nenos de primaria e secundario sobre o alcohol, as drogas ou mal uso que poden facer de internet. Os resultados non son preocupantes xa que non son maiores que o resto da media do país, pero debemos seguir dando respostas e levando adiante programas de prevención deste tipo”. O rexedor dixo que “deseñamos unha programación para levar adiantes nos colexios e institutos dos catro concellos ao longo deste curso, que versa sobre un coñecemento máis profundo dos impactos negativos que provoca o uso e o abuso das drogas e de cara ás novas tecnoloxías da información e da comunicación, sobre todo o que son as redes sociais, que se incorporaron á vida diaria da poboación. Queremos que os máis novos saiban protexer os seus datos e que non as usen demasiado tempo para que non lles impida estudiar ou realizar outras tarefas na súa vida”.
Mónica Fernández Lamparte, a responsable de dito programa, explicou que “imos traballar en prevención de drogas empezando nos últimos cursos de educación primaria, é dicir en 5º e 6º de todos os colexios dos Concellos que participan neste convenio. Neste caso imos levar adiante un programa moi interesante que se chama Praeventio, que desenvolveron os nosos compañeiros do Concello de Lugo, como nos gustou tanto e como nos deixan usalo adaptámolo á nosa realidade. É un programa moi visual de catro sesións, onde se van tratar temas como drogas e medicamentos, alcohol e tabaco, comunicación, publicidade, autoestima, toma de decisión… os nenos van ter bastante material para traballar tanto na casa como na aula conmigo e penso que lles vai a gustar moito”.
A psicóloga e responsable do programa de prevención de drogodependencias sinalou que “tamén realizaremos este ano obradoiros en secundaria, traballamos con 3º e 4º de ESO e ciclos medios e equivalentes. Váise levar adiante o programa Solarius 2055, no que usamos un corto que fixeron alumnos de O Grove, é moi futurista e vése cómo podería acabar o mundo dentro duns anos si seguimos usando drogas para todo. Xa na segunda sesión é cando falamos do que son as drogas, dos conceptos básicos e sobre todo dos tópicos e das falsas crenzas. Sempre se administra un pre-test e un post-test para ver si a información que se lles deu lles fixo cambiar de opinión con respecto aos pensamentos que tiñan sobre esta temática”. Mónica Fernández Lamparte seguiu a relatar que “en 4º de ESO xa introducimos temas como o cannabis ou o alcohol. Tamén proxectamos unha película máis longa, que lles soe gustar moito porque o protagonista é Martín Rivas. É un filme sobre o hachís, un rapaz que comeza a consumir esta substancia e os problemas que lle empeza a ocasionar. Neste caso tamén lles pasamos un cuestionario no que lles preguntamos a súa opinión sobre o hachís e alcohol”.
Estudos estadísticos
Fernández Lamparte deu a coñecer este mediodía os estudos estadísticos realizados durante o curso pasado sobre o uso por parte dos rapaces do alcohol, do cannabis e das redes sociais. No caso do alcohol “temos unha mostra de 100 alumnos e alumnos dunha media de 15 a 16 anos, onde nos atopamos cun 24% de rapaces que son completamente abstemios, e un 76% que consumen alcohol nalgunha ocasión. Que beban de xeito habitual todos os sábados eran un 20%, despois xa que cada un o valore como vexa. Con respecto ao cannabis hai mellores noticias, dunha mostra de 109 alumnos o 87% non consumiu nunca esta substancia e consumidores habituais só había un 2,7%, unha cifra que é moi esperanzadora”.
E engadiu que nese curso pasado “como novidade lles pasamos un cuestionario sobre internet e as redes sociais para saber si o usaban e cómo o facían. Quero dar as gracias aos titores, equipos de dirección, ás orientadoras e orientadores porque me axudaron moito e en todas as aulas nas que eu non ía intervir pasaron eses cuestiones para que os rapaces os cubrisen. Collemos unha mostra máis grande de 179 alumnos dunha media de 15 anos. Atopamos que no 93’2% dos fogares hai, cando menos, 1 ordenador e que o 90% dos rapaces usan o ordenador de 1 a 3 horas para chatear ou xogar, pero tamén hai boas noticias porque os usan ás veces para estudiar, de feito un 61% o usan para axudarse nos estudos. Hai tamén algún dato preocupante xa que un 18% ligou algunha vez cun descoñecido a través de internet e un 9’5% prefire estar en internet que xogar cos amigos. Tuenti é a rede social preferida, seguida de facebook”.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



