Nota de prensa
O 31 de xullo do ano 2008 o Consello da Xunta bipartita, a proposta da conselleira nacionalista de Vivenda, Teresa Táboas, deixaba sen efecto o cinto industrial no contorno de Alcoa
A incoherencia do BNG lévalles a reclamar en Morás (Xove) o proxecto que boicotearon desde a Xunta bipartita
Os nacionalistas anularon 250.000 metros cadrados de solo industrial destinados ás empresas que operarían desde o dique norte unha vez aberto ao tráfico comercial xeral.
A chegada do PP á responsabilidade de goberno en Galicia supuxo a recuperación deste proxecto que agora forma parte da planificación estratéxica de solo industrial da Xunta.
Os populares consideran o cambio de postura dos nacionalistas ou unha rectificación aos erros cometidos polo BNG na Xunta ou un acto de propaganda política que dá mostra da incoherencia e do pouco de fiar que son na bloque nacionalista.
Xove, 7 de outubro de 2011.- O Partido Popular da Mariña puxo de relevo a incoherencia do BNG que lles leva a reclamar mañá en Morás (Xove) o mesmo proxecto que boicotearon cando gobernaron desde a Xunta bipartita. “Pouco ou ningún sentido ten “facer o paripé” de manifestarse para defender a apertura ao tráfico comercial xeral do dique norte de Morás, se despois non se permiten instalar ao seu redor empresas que poidan operar desde esta nova dársena. E precisamente o BNG foi quen, no pasado, anulou o cinto industrial entorno a Alcoa”.
Os populares lembran que o 31 de xullo do ano 2008 –en pleno verán e con aleivosía- o Consello da Xunta bipartita adoptaba unha decisión, a proposta da conselleira nacionalista de Vivenda, Teresa Táboas, que botaba por terra todos os esforzos dirixidos a aproveitar o potencial do dique norte de Morás como unha nova dársena aberta ao tráfico comercio xeral. Socialistas e nacionalistas, desde a Xunta, acordaban deixar sen efecto o Plan Sectorial de Solo Empresarial de Galicia que no seu día elaborara o Goberno Fraga e con el, o cinto industrial no contorno de Alcoa.
A XUNTA ACTUAL RECUPEROU O PROXECTO
De xeito afortunado, esta decisión mudouse coa chegada do PP á responsabilidade de Goberno na Xunta xa que o Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo decidiu recuperar este proxecto (18/02/2010) e incluír de novo o cinto industrial entorno a Alcoa dentro da planificación estratéxica de solo empresarial da Xunta. Deste xeito o Goberno galego reserva 250.000 metros cadrado de solo industrial nos concellos de Xove e Cervo para que, nun futuro, poidan ser empregados por empresas que se situaran nestes espazos.
RECTIFICACIÓN OU PROPAGANDA NACIONALISTA
Desde o Partido Popular da Mariña entenden que ou ben estamos ante unha “rectificación” do BNG que “consciente do erro cometido nos seus anos de goberno, censura aos seus compañeiros en Santiago” ou ben asistimos “a un acto sen máis de propaganda política –preelectoral- que dá mostra da incoherencia dos nacionalistas e do pouco de fiar que son nesta formación política”.
IMPULSO DOS POPULARES
En todo caso desde o PP animan aos nacionalistas a sumarse “ao bo camiño, tamén despois do 20N” e a que apoien ao Goberno galego nas múltiples iniciativas que está a desenvolver neste ámbito. Así lembran que a Xunta ademais de proxectar solo industrial coa recuperación do proxecto de cinto entorno a Alcoa –como acabamos de explicar- sufragou o informe de viabilidade que Portos de Galicia elaborou para a apertura ao tráfico comercial do dique norte de Alcoa, e promoveu o acordo parlamentario –unánime- instando a Fomento a negociar coa multinacional do aluminio o aproveitamento conxunto deste dique. En definitiva “pasos cara adiante, feitos reais, para contar cunha autoridade portuaria propia”.















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



