Nota de prensa
O PSdG-PSOE de Foz esta asombrado das xestións que se están realizando pola Alcaldía sobre o Porto de Foz.
Coñecéndose nos últimos días que toda a area que se extraia no dragado Ribadeo vai vir para a praia de Altar en Barreiros. Sabemos o igual que tódolos focenses do significado que ten eso, que dentro de pouco tempo toda esa area acabará na ría de Foz, como acabou a que se depositou en outras ocasións.
Parécenos, que non é de recibo e resulta incrible, que nos queiran colocar a area do dragado de Ribadeo, cando están sen dragar por parte de Portos da Xunta de Galicia as dársenas de Porto chico e o Múelle vello, cando o que realmente deberían de facer é dragar esas dúas dársenas que estaban comprometidas e enviar dita extracción a alta mar, debido a que todo o que se bote nas inmediacións da praia de Altar significará desastre total para a Ría de Foz, pois esa area contribuirá a taponar a entrada o Porto de Foz.
Todo esto esta pasando sen que o Alcalde de Foz e o seu Goberno digan absolutamente nada, salvo que esta actuación figure no proxecto do “Superporto de Foz” no que esta a traballar, segundo as súas propias palabras, o Goberno municipal focense ao que lle diriximos as seguintes preguntas para que nos aclaren cal é a súa postura sobre este tema:
-¿Están vostedes enterados do deposito de area que se vai facer na praia de altar procedente do dragado de Ribadeo?
-Son conscientes de que o deposito de area na paria de Altar dana e prexudica a Ría de Foz e a súa entrada?






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



