Nota de prensa
OS VECIÑOS DE CERVO TERÁN QUE PAGAR UN 41% MÁIS NO RECIBO DA AUGA A PESARES DE QUE OS SOCIALISTAS VOTASEN EN CONTRA DESTA MEDIDA
-O GMS denuncia o desequilibrio entre a aportación do Concello e a dos veciños á hora de asumir a subida, “o Concello abonará tan só un 4% e os veciños pagaremos un 96%”
-A suba no prezo da auga, non é a única aplicada polo equipo de goberno, “fixarán incrementos no IVTM e a taxa pola recollida do lixo leva aumentado un 123% nos últimos 10 anos”
CERVO, 26 DE OUTUBRO. O pleno celebrado esta mañá no Concello de Cervo tivo como protagonista o desorbitado incremento que o señor alcalde, Alfonso Villares, pretende aplicar nos recibos da auga de tódolos veciños. O Grupo Municipal Socialista votou en contra desta medida proposta polo Concello xa que “supón un incremento do 41%”.
Esta subida será asumida maioritariamente por todos os cervenses pois o 96% do incremento recaerá nos veciños e o Concello só se ocupará do 4%. Os socialistas denuncian “o desequilibrio entre a aportación do Concello e a dos veciños. Pois desta forma, todos ingresaremos nas arcas municipais un total de 286.776 euros, mentres que o propio Concello só abonará uns 12.145 euros”.
Ante as medidas presentadas polo equipo de goberno no pleno, o GMS propuxo que “para poder incrementar a partida destinada a sufragar este coste, o goberno podría prescindir de certos servizos e eliminar costes superfluos coma asesores, paparazzis e gastos de publicidade, que favorecerían un equilibrio mais xusto entre o que terán que destinar os veciños e o Concello”. O PP non apoiou esta proposta.
Esta nova subida supón un incremento do 100% nos últimos 10 anos. Os socialistas de Cervo lembran que “a auga subiu nestes 8 anos un 59%, e se engadimos esta nova subida alcanzamos o 100%. Isto supón que os veciños pagarán o doble que fai 10 anos, a pesares de que o PP prometeu que coa súa xestión directa o prezo da auga non tiña por qué subir”. Todo isto é producto da nefasta xestión económica do rexedor, Alfonso Villares, que no ano 2009 rematou cun plan de rescate. “Xa daquela anunciamos que as maiores subidas chegarían máis tarde, concretamente despois das eleccións municipais daquel ano. É agora cando se demostran as nosas sospeitas e advertimos que estas subas non van ser as únicas”.
Máis subidas
En relación ó recibo da auga, os socialistas subliñan que “non só notaremos incrementos por culpa das medidas tomadas polo noso alcalde, a partires do mes de xaneiro, os recibos volverán a subir, pois a Xunta de Galicia vén de anunciar cambios no canon da auga, cambios que afectarán de novo a tódolos veciños de Cervo”.
Finalmente, dende o GMS engaden que a subida na auga non é a única aplicada polo Concello de Cervo, “a taxa pola recollida de lixo incrementouse nos últimos 10 anos un 123% de media e o Concello tamén fixará agora incrementos no IVTM (Imposto de vehículos de tracción mecánica), a pesares de que este tipo de taxa non ofreza ningún servizo básico”.


















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



