SOBRE A REFORMA LABORAL E O PARO
Fai xa mais de un ano que o Goberno aprobou a reforma laboral. Co desculpa de crear emprego tomáronse unha serie de medidas moi duras para os traballadores, como poden ser o aumento da idade de xubilación ou o abaratamento do despido.
Pasado xa un ano, tanto a Unión Europea como os organizacións empresariais españolas, piden unha nova reforma laboral, na cal se abarate aínda mais o despido (menos días de indemnización por ano traballado e ata un máximo de un ano e o que piden), e que se tomen outra serie de medidas como a de deixar sen subsidio de desemprego a aqueles traballadores que rexeiten un traballo. Claro está que todas estas medidas teñen como finalidade única a creación de emprego.
Pero claro. Pasado xa un ano temos datos. Datos que demostran que a reforma laboral feita hai un ano non serviu para crear emprego, temos mais parados que antes, so serviu para que se destruíse emprego, a maior parte de emprego fixo.
A nova reforma laboral, tal como a teñen prantexada tampouco vai servir para crear emprego. Iso seguro. Pero resulta que o mellor non pretenden crear emprego, e o de crear emprego só e unha desculpa para conseguir outros fins.
¿Que se vai conseguir co actual reforma de emprego, e co futura reforma que se pretende?. Pois moi sinxelo. Vaise conseguir que as empresas podan despedir de forma mais barata os traballadores fixos, e logo ir o mercado laboral e contratar os mesmos, ou a outros, traballadores con unhas novas e peores condicións laborais. Isto e o que se vai conseguir. E quizais tamén e o que se pretenden.
Isto e o que nos espera os traballadores e os nosos fillos. E non vexo remedio. As organizacións empresariais e a gran banca creen favorecerse con esas condicións laborais. Os partidos políticos consíntellelo, non teñen mais remedio, xa que hoxe non mandan os gobernos, manda o capital. E os únicos que poderían facer algo por evitalo que son os sindicatos e os traballadores permanecemos desunidos, sen recursos, sen animo nin moral para loitar por os nosos dereitos.
Pero os empresarios e os gobernos deberan empezar a facerse unha serie de reflexións, cando vexan que empeorar as condicións dos traballadores non e suficiente para que melloren ou se manteñan os seus beneficios. Terá que pensar como unha fabrica de coches pode subsistir si os seus empregados non poden comprar os coches que fabrican. Si os traballadores non dispoñemos de recursos suficientes caerá o mercado nacional. Só se manterán aqueles negocios de produtos de primeira necesidade e que sexan competitivos.
A saída do mercado exterior non e fácil. Hai moita competencia e non caben todos.
Só sairemos de esta si melloramos a competitividade, mellorando a calidade e mantendo os costos, non só a conta dos traballadores. Pero para elo e imprescindible unha boa xestión dos recursos e uns bos xerentes. Que para min e onde fallamos. Non temos bos xerentes, nin políticos nin empresariais.
Igual que fichamos grandes futbolistas para os nosos equipos, quizais necesitemos fichar empresarios e políticos estranxeiros, xa que os nosos non valen.
Todo e posible. Esperemos e veremos.
O Fareiro de Foz
















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



