Nota de prensa
A EMMeD ACOLLERÁ O SÁBADO A PRESENTACIÓN DUN LIBRO EDITADO CO GALLO DO DÉCIMO ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE HERNÁN NAVAL. O OBXECTIVO, SEGUNDO A ASOCIACIÓN CULTURAL MUSIQUEANDO, É MANTER VIVA A SÚA FIGURA E O SEU XEITO DE ENTENDER O MUNDO DA MÚSICA.
Ribadeo, 8 de novembro de 2011. A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo acollerá o vindeiro sábado, 12 de novembro ás 13.00 horas, a presentación do libro Vou canso de todo menos da música-Escolma de artigos de Hernán Naval editado pola asociación cultural Musiqueando coa colaboración da delegación de Cultura do Concello de Ribadeo e máis da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
No libro, editado co gallo do décimo aniversario do pasamento do que fora director da Banda Municipal de Ribadeo (BMR) e máis da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) da vila, recóllense once artigos publicados en prensa e revistas e máis catro programas de man de diferentes concertos da BMR.
O obxectivo da edición deste volume é, segundo sinala o presidente de Musiqueando, Suso López, “manter viva a figura e máis o ideario de Hernán e demostrar a vixencia do seu xeito de pensar e de entender o mundo da música, da cultura ou da sociedade”. O punto de partida para a edición deste libro é un traballo de recopilación e clasificación de artigos e reseñas en prensa relativas á figura de Hernán Naval e máis á EMMeD ou á BMR que realizou ao longo de case dous anos Fernando Rodríguez Raño (Fuji). Os textos escollidos foron publicados entre os anos 1990 e 2001 en medios locais (La Comarca del Eo, La Voz de Galicia-A Mariña e El Progreso-A Mariña) así como en publicacións doutro tipo como a revista da Federación Galega de Bandas de Música ou a revista do actual IES Dionisio Gamallo Fierros coa que Hernán Naval colaborou en 1991.
Suso López explica que “os artigos figuran no libro tal e como Hernán os escribiu, tan só foron revisados lingüísticamente e engadíronse unha serie de notas a pé de páxina que consideramos oportunas co fin de aclarar conceptos e para facer comprensíbeis a pesar do paso dos anos algún dos textos”.
No proceso de selección dos textos, de corrección, así como de maquetación e deseño participaron de xeito desinteresado unha serie de persoas que tiveron relación con Hernán Naval, tanto a nivel musical coma persoal, en diferentes etapas. Sairán do prelo un total de mil copias do libro que se distribuirán de xeito gratuíto que serán enviados a conservatorios, escolas de música e bandas do país.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



