A peña Pataca Laranxa viaxou a pasada fin de semana a Granada para apoiar ao Burela FS, equipo que milita na segunda división nacional de fútbol sala. A Pataca Laranxa nestes desprazamentos segue a levar o nome de Burela pola xeografía española adiante. Nesta ocasión desprazáronse a Andalucía máis de 50 persoas. O Concello agradécelle á devandita peña a promoción que está a realizar de Burela nas súas viaxes.
