Onte ás 16.30 h foi a primeira clase do curso de cociña organizado pola asociación de veciños do burgo de Trasbar e impartido por Ana Díaz, no local social de Trasbar. As vindeiras clases serán os mércores 16 e 23 de novembro ás 19.00 h. (cambio de hora). O menú de onte: 1º.- risoto de setas e gambas, 2º.- solomillo de porco con ameixas, 3º.- croquetas de castañas. Todos os pratos estaban bos!!! As croquetas de castañas foi o preferido pola xente, aínda que lles gustou moito tamén a mestura de marisco e carne do segundo prato. Algo máis raro, pero non por iso menos sabroso. Estamos contentos coa resposta dos veciños ante esta convocatoria, posto que somos 15 persoas as que nos apuntamos a este curso. Pero que ben cociñamos en Trasbar.
