Na sesión, que se desenvolverá este xoves día 3, ás 19.00h na UNED, en Foz, visionarase a película La teta asustada (Perú/España) dirixida por Claudia Llosa. Continúa a III Edición do video-forum MULLERES NO MUNDO, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, en colaboración coa UNED e con Radiofoz,. Este ano, concretamente, está centrado no cinema latinoamericano e como novidade adopta unha fórmula, que pretende crear un ambiente máis agradábel e propicio para o debate e o intercambio de ideas a partir do visionado dos filmes escollidos. É o do café-debate. O Observatorio, ao igual que a semana pasada, repartirá cafés e pastas aos e ás asistentes para axudar a crear un clima distendido no debate posterior ás proxeccións.
Continúa a III Edición do video- forum Mulleres no Mundo coa proxección da película La teta asustada
Continúa a III Edición do video- forum Mulleres no Mundo coa proxección da película La teta asustada
Relacionado
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde
-
O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu este sábado a IX Convivencia de Persoas Maiores Xordas de Galicia organizada por Faxpg.