Nota de prensa
GUILLERME AFIRMA EN VIVEIRO QUE ANTE AS POLÍTICAS FRACASADAS DOS “R” A ÚNICA ALTERNATIVA É O BLOQUE “POR GALEGO E POR ESQUERDA”
“Galiza ten que pesar máis no Estado, temos que ter a ambición de colocarnos á altura de Euskadi e Catalunya, e iso pasa inescusabelmente por dar máis forza ao BNG en Madrid”
Viveiro, 8 Novembro 11. Ao final o debate bipartidista si que tivo unha virtualidade, a de deixar en evidencia que ante as políticas fracasadas dos R -de Rajoy e de Rubalcaba- “a única alternativa en Galiza é o Bloque por galego e por esquerda”.
Así o afirmou na súa intervención no mítin de Viveiro o líder do Bloque Nacionalista Galego, Guillerme Vázquez.
“Galiza cae a cachos a consecuencia das políticas de recortes que practican tanto o PP desde a Xunta como o PSOE desde o Estado, mais diso os do R non falaron absolutamente nada no seu debate bipartidista”, enfatizou o portavoz nacional.
O líder do BNG deu ao auditorio un feixe de razóns para votar BNG. “As políticas de recortes xa non dan máis de si. Ninguén con dous dedos de frente pode ignorar que son políticas que só conducen a máis paro e máis crise. Hai dous anos, aínda se podía discutir o seu resultado. Hoxe, está máis claro que a auga que non levan a ningures, que son responsábeis da crise máis grave que se ten vivido en décadas, unha crise que ou mudamos o rumo ou fará que a de 1929 pareza unha anécdota”, considerou.
Imponse, portanto, unha viraxe. “O 20-N hai que ir votar pensando en Galiza e nos intereses das maiorías sociais. As políticas de recortes só son beneficiosas para unha minoría de privilexiados. A maioría sae perdendo con elas”, dixo. Como só beneficia a unha minoría, esas políticas non poden aplicarse máis que con métodos autoritarios e antidemocráticos. “Por iso non quixeron convocar un referendo para aprobar a reforma da Constitución. Por iso se botaron a tremer cando Grecia amagou con consultar o pobo. Porque saben que esas políticas non é que sexan impopulares, é que son antipopulares”, dixo.
A democracia en sentido etimolóxico, lembrou, é o poder do pobo. O poder da maioría. “Neste momento vivemos unha crise profundísima da Democracia porque o poder non o ten o pobo, non o ten a maioría, o poder teno unha moi exigua minoría de privilexiados que impón á súa lei, a lei do máis forte”, alegou.
MÁIS FORZA EN MADRID
A saída da crise pasa por máis esquerda -non por máis dereita- e pasa por máis forza para Galiza en Madrid.
“Necesitamos máis autogoberno, máis poder propio. O centralismo sempre foi negativo para Galiza. A dereita ten como proxecto a concentración do poder económico e do poder político. Por iso ve no autogoberno un obstáculo. Por iso o PP ve no BNG un problema”, reflectiu.
O líder do BNG chamou ás galegas e aos galegos a que se movan para que Galiza pese máis no Estado. “Temos que ter a ambición de colocarnos á altura de Euskadi e Catalunya, e iso pasa inescusabelmente por darmos máis forza ao BNG en Madrid”, concluiu.
MARÍA XOSÉ VEIGA
Pola súa parte, a cabeza de lista do BNG pola provincia de Lugo, María Xosé Vega, destacou a aposta pola igualdade en todos os sentidos que caracteriza aos nacionalistas galegos e vencellou claramente a consecución deste obxectivo “á existencia duns servizos públicos de calidade e gratuítos, dereito que as políticas de recortes da Xunta do PP e do Goberno central do PSOE están a poñer en perigo”.
María Xosé Vega puxo especial énfase na igualdade entre homes e mulleres. “Ten que existir unha educación que vaia nese rumbo, no da igualdade. Pero debido á ausencia dunha aposta polo benestar, agora mesmo as mulleres aínda somos coidadoras a tempo parcial e de non darmos un xiro ás políticas sociais é posíbel que en breve volvamos á condición de enfermeiras a tempo completo ou simples amas de casa, sen posibilidade de acceder ao mercado de traballo. Só o BNG ten claro que ese non é o camiño, que as mulleres non podemos volver atrás”.
Ademais, a candidata do BNG por Lugo denunciou o duro recorte ás axudas á dependencia que está a caracterizar a xestión do PP na Xunta. “Feijóo deixa sen efecto case o 80 por cento dos cartos destinados a esta importante parcela do benestar e afunde o Plan concertado cos concellos, seguramente porque cre nos servizos sociais privados, non nos públicos”, indicou.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



