O domingo 13 de Novembro, o grupo de Sendeirismo da ACD Xove organiza a unha ruta de sendeirismo Costa Xove cun percorrido o longo de 15 Qm. do litoral xovense, facendo visita a varios miradoiros naturais da costa como: San Tirso, Faro Roncadoiro, Ensenada de Coído, Mirandor da Punta da Mansa, Punta Meitón, Praia de Muiñelo, entre outros. O final da ruta todolos participantes acercaranse o restaurante Os Faroles na Vara para xantar todos xuntos. A inscrición e gratuíta e farase na piscina municipal ou no telefono 618 976159 ata o xoves día 10.
