O grupo Ardora de San Cibrao representará Residencial paradiso, unha obra cómico-filosófica sobre a soidade interior vivida pola maioría dos nosos anciáns. Será a partires das 18 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Dita representación enmárcase no proxecto teatral Buxiganga, da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Colaboran: Concellería de Cultura de Barreiros e Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Teatro en Barreiros co grupo Ardora de San Cibrao