UNIFOZ, xuntouse no día de hoxe cos veciños de San Acisclo co obxectivo de recoller as súas queixas polo cambio de emprazamento na instalación dunha marquesiña nesta parroquia así como os malos modos cos que algún veciño foi recibido polo Alcalde.
UNIFOZ, considera o feito como grave, pois entendemos que a lóxica, o sentido común e os veciños terían que ser determinantes para tomar as decisións acertadas, e non por imposición.Por todo isto
UNIFOZ, recolleu firmas para apoiar a súa proposta de instar ao Alcalde a que modifique a instalación da Marquesiña así como para presentar unha moción de urxencia para a vindeiras sesión plenaria para solicitar acordo da Corporación Municipal para dirixirse a Xunta de Galicia e solicitar a cesión do terreo colindante coa carretera LU151 e a LU152 ao Concello de Foz, coa finalidade de que o mesmo poda ser empregado como lugar de lecer mediante un proxecto de acondicionamento.
SR. ALCALDE.
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPOÑEN:
Que por parte do Concello iniciáronse as obras para instalación dunha marquesiña no cruce da carretera LU152 coa LU151 na parroquia de San Acisclo .
Que a mencionada instalación incomprensiblemente non se fai na parada de bus, e se fai fora da parada. É polo que:
SOLICITAMOS:
Se proceda ao cambio do emprazamento da mencionada marquesiña para a parada de bus, onde inicialmente estaba previsto .
Jaime Cancio Rodríguez
SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
Os Abaixo asinantes veciños de San Acisclo, apoiamos a proposta de UNIFOZ de que se proceda ao cambio de emprazamento da mencionada marquesiña para a parada de bus, onde inicialmente estaba previsto .
SR. ALCALDE.
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez
EXPÓN:
Que na parroquia de San Acisclo, no cruce da carretera da LU152 (Foz-Ferreira) coa LU151 (Fazouro-San Acisclo) como consecuencia das obras da carretera LU152 quedou un espazo público entre as dúas estradas, que en estos momentos está infrautilizado.
UNIFOZ, considera, que este espazo de titularidade da Xunta de Galicia pode ser empregado para espazo de lecer para os veciños do lugar. E polo que
Mediante a presente MOCIÓN URXENTE, solicitamos acordo da Corporación Municipal para dirixirse a Xunta de Galicia e solicitar a cesión do mencionado terreo ao Concello de Foz, coa finalidade de que o mesmo poda ser empregado como lugar de lecer mediante un proxecto de acondicionamento.




















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



