A NOITE DE MERLIN
O vindeiro sábado, día 17 do actual, a vella cidade de Mondoñedo vai ser o marco axeitado para unha representación músico-teatral que perdurará na memoria das xentes que teñan o privilexio de presenciar, acto que, a media tarde, as campás das igrexas, baixo a éxida da Paula, tocarán a arrebato, convocando ós habitantes das Terra de Miranda para que acudan ó que será remate oficial do Ano Cunqueiriano, co gallo de celebrarse o centenario do nacemento do ilustre veciño.. Preto de 200 persoas están chamadas para implicarse na posta en escena.
O que é o personaxe mais carismático da obra cunqueiriana: a mítica e lexendaria figura do mago Merlin, que nos chegou a través da tradición, é unha nobre mestura de adiviño e de mago, coñecedor do tempo presente, pasado e futuro. Un ser poderoso e misterioso, capaz de transformarse en distintos persoaxes e de engaiolar co feitizo que a fantasía desbordante do fabulador mindoniense foi quen de trasladar á realidade cotiá. Cunqueiro preséntanos a figura dun Merlín afastada do revestimento mítico, case diviño, característico da Idade Media e o humaniza desidealizandoa, convertendoa en persoa de a pé, á que é doado atopar pola rúa, e da que fai unha descripción física como “de poucas carnes” e da forma de vestir, sempre de negro, con bufanda colorada e usando anteollos para ler.
Dende hai moitos anos Manolo Montero, ven amosando pola praza da catedral a que é réplica vivente do Merlín de Cunqueiro, nunha simbiose de persoeiros- o creador, Merlin e Manolo – que potencian e espallan o atractivo, o feitizo e o interese polo mundo de máxicos soños que subxace na obra secular dos seus artesáns da pedra, dos seus músicos e literatos e nas mentes sensibles e cultivadas, receptoras de tanta beleza, dos seus habitantes, de ancestrais vivencias no marco da prodigalidade das variadas artes. De Manolo o poeta Manuel María dixera: “¿Quén dun ermo fai xardín, /un océano dun regueiro, / unha serra dun outeiro/ e un mundo de Pelourín… ?/ ¿Quén me iba decir a mín/ que un mindoniense libreiro/ iba inspirar a Cunqueiro/ a historia de Merlín…?/ E este Merlín singular/- Manuel Montero por nome – / antes que mago é un home / E ten, na ollada, a brilar/ unha febre que o consome/ nun alto e puro soñar…!”.
Mondoñedo eríxese, unha vez mais, no epicentro cultural da nosa bisbarra, depositario dos mais outos valores humanos que a súa longa historia nos amosa, para disfrute e honra de cantos amamos a singular cidade, o lugar mais a propósito – acaso único -para unha representación como a que o vindeiro sábado vai vivirse no seu entorno.
Dende o ángulo da praza o Cunqueiro de Puchades, ledo e satisfeito, será testemuña da xornada lúdica das súas xentes…
Suso Fernández



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



