A organización do entroido de Foz 2012 que preside o alcalde Javier Jorge Castiñeira, xa ten Raíña e Damas do evento para ese ano. A elección da raíña recaeu na xove focega Alba Burundarena Otero, de 18 anos de idade e estudante se psicoloxía en Santiago. As súas damas son Marta Veiga Alonso e Nair García Lestegás, estas dúas rapazas tamén de 18 anos de idade, estudan no IES de Foz. As tres rapazas son membros da comparsa “As sin xeito”. O desfile do entroido de Foz será o sábado día 18 de febreiro. Na foto, de esquerda a dereita, Nair García Lestegás (dama), Alba Burundarena Otero (Raíña, no centro) e Marta Veiga Alonso (dama).






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



