Nota de prensa:
ADEGA levará a Terractiva varios colectivos que reivindican a defensa do territorio galego
Arzúa2011, a 15 de decembro de 2011.- ADEGA participará esta fin de semana na Feira Ecolóxica de Arzúa, Terractiva, coa exposición do seu stand na sección de postos de asociacións e na coordinación de varias das mesas redondas da sección “Altofalante”, na que se lle dá voz a aqueles colectivos ou movementos que se están a mobilizar por unha causa ambiental ou socialmente xusta. Así mesmo, organiza o habitual roteiro pola bacía alta do río Ulla que trasladará aos visitantes aos valores naturais e patrimoniais máis destacados da comarca. Ademais, coincidindo con Terractiva, ADEGA celebrará en Arzúa a súa XXXVI Asemblea Xeral e entregará os premios osíxeno e dioxina na xornada do sábado.
Na sección do “Altofalante” ADEGA propón varias temáticas a debate relacionadas coa ordenación territorial en Galiza, coa nova Lei de Montes, con novas figuras de protección e custodia do territorio e co renacer medioambientalista da Costa da Morte.
A primeira das palestras terá lugar o sábado, ás 18 horas, baixo o título “Panorama actual da ordenación urbanística na Galiza”. Nela participará o Fiscal de Medio Ambiente de Galiza, Álvaro García Ortiz; o profesor de dereito administrativo na USC, Fernando de Abel Vilela; o secretario xeral de ADEGA, Froilán Pallín e o membro do Observatorio Galego do Territorio, Xoán Pinto Tasende. Os ponentes tratarán sobre a inseguridade xurídica que supoñen as sucesivas modificacións das normativas de ordenación territorial e urbanísticas, e sobre o incerto panorama que debuxan no país algunhas actuacións administrativas que tratan de legalizar certas actuacións urbanísticas.
A segunda palestra coordinada por ADEGA terá lugar o domingo, 18 de decembro ás 12 horas. O tema será a nova lei galega de montes e as súas consecuencias. Formarán parte da mesa de discusión representantes de ADEGA, a CIG, a FRUGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común. Todas estas entidades exporán a súa valoración do novo texto normativo e as súas consideracións en canto as posibles repercusións que terá para o futuro do medio rural.
Ese mesmo día pola tarde, ás 17 horas, dará comezo a mesa-coloquio sobre unha nova forma de conservar o territorio que se está a estender polo Estado español, e nomeadamente, por Galiza. Trátase da custodia do territorio, da que están facendo uso máis de vinte entidades galegas para xestionar un total de 4.000 hectáreas. Na mesa participarán entidades como Ridimoas, a de maior experiencia en custodia, a Asociación Fragas do Mandeo, a Asociación Galega de Custodia, un representante da que fora Fundación Comarcal Ulla-Deza e un voceiro de ADEGA para dar conta dos proxecto de custodia que está a desenvolver na zona.
E a última mesa-coloquio, que terá lugar ás 18.30 horas do domingo, estará formada por representantes de varios colectivos da Costa da Morte que están a pular por outro modelo de desenvolvemento que teña en conta os valores ambientais, patrimoniais e culturais da zona, fronte a modelos produtivistas e especulativos como as pisicifactorías de rodaballo, as explotacións hidroeléctricas no Xallas, ou os parques eólicos e canteiras no Monte Pindo. As entidades que darán voz a este novo modelo de desenvolvemento para a Costa da Morte serán a Plataforma en Defensa do río Xallas, a Asociación Monte Pindo Parque Natural e a Cooperativa de Agricultura ecolóxica Raíña Lupa de Quilmas.
ROTEIRO POLO ALTO ULLA
Será de dúas horas e comezará no Recinto Feiral “Terra do Queixo” ás 10.30 horas do domingo día 18. Será pola contorna do encoro de Portodemouros. Partindo da Fervenza das Hortas visitaranse varios muíños restaurados ata o “Enredo do Abelleiro”, un museo do mel. Tras comprobar o impacto dun dos encoros máis grandes de Galiza, o de Portodemouros, o roteiro rematará na aldea de Viñós. Guiará o roteiro Marcial Barral, veciño da comarca e membro de ADEGA.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



