Nota de prensa
OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO ACADAN EN LUGO DOUS PRIMEIROS POSTOS E UN TERCEIRO
O pasado domingo celebrouse a décima edición da carreira popular Lugo Monumental, onde participaron 1500 atletas, cunha participación de 22 do clube vivariense , os cales acadaron uns bos resultados.
No apartado masculino Victor Sande, foi o gañador na categoría HM, o seu compañeiro Daniel Aguilar foi o terceiro clasificado na categoría JM, mentres que no apartado feminino Begoña Darriba impúxose na categoría IF, tamén recibiu trofeo ó atleto máis veterano Enrique Río e Begoña Darriba como a atleta feminina máis veterana.
O mismo día tamén se celebrou en Ferrol a XXVI Media Maratón Volta á Ría, cunha participación de máis de 400 atletas, onde o clube vivariense desplazou a 10 dos seus atletas a dita proba, onde Isabel Brea gaño una categoría GF, o seu compañeiro de clube Antonio Cabana foi terceiro na categoría GM, sendo o seu compañeiro Jesús Bernal cuarto na mesma categoría.
Tamén ese mesmo día celebrouse a carreira Memorial Pepe Buceta en Boiro, onde participaron outros 4 atletas do clube vivariense.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
