O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia publica a declaración de bens dos deputados e deputadas
O presidente e os conselleiros informaron de maneira voluntaria do seu patrimonio polo seu compromiso coa transparencia
A Xunta de Galicia agarda que esta medida axude a achegar confianza na clase política
Volver
ReadSpeaker
Santiago, 9 de decembro de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o contido da declaración de bens patrimoniais do presidente e dos membros do Goberno galego, tal e como se comprometera o máximo responsable do Executivo autonómico a finais do pasado mes de setembro.
O xefe do Goberno galego e os seus conselleiros decidiron informar de maneira voluntaria sobre o seu patrimonio para aportar transparencia ao exercicio da responsabilidade que lles toca exercer como integrantes do Executivo autonómico.
A Xunta de Galicia tamén entende que esta publicación pode axudar a achegar confianza na clase política. O presidente e os membros do Goberno volverán a informar, de maneira voluntaria, dos seus bens e patrimonio ao final da lexislatura, cando deixen os seus cargos.
O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 29 de setembro de 2011, acordou facer pública, de xeito voluntaria, a situación patrimonial actual dos membros da Xunta de Galicia mediante a publicación do contido da declaración de bens patrimoniais. O presidente e os conselleiros presentaron hai uns días a mesma ante o Rexistro de Bens Patrimoniais de altos cargos e o DOG dá publicidade hoxe ao seu contido.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



