Mañá, 28 de decembro, remata o prazo de inscrición para participar na San Silvestre 2011, que organiza o concello de Ribadeo. Ata o momento hai 170 inscritos (61 nenos e 109 adultos). Desde a concellaría de deportes lembran que o prazo de inscrición para os que a realicen a través de internet na páxina www.championchipnorte.com conclúe mañá ás 24 horas (doce da noite). E os que a fagan por correo electrónico en deportes@ribadeo.org terán de prazo ata mañá ás 14 horas (dúas da tarde).
