O Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo está a desenvolver un grande esforzo económico en materia de fomento do emprego e mellora da capacidade de acceso ao mercado laboral de persoas en paro
BALSEIRO SUBLIÑA QUE A XUNTA DE GALICIA TEN INVESTIDO 1,6 MILLÓNS DE EUROS NA MARIÑA LUCENSE PARA A POSTA EN MARCHA DE DIVERSOS OBRADOIROS DE EMPREGO
Os participantes recibiron formación teórico-práctica en disciplinas tales como albañelería, xardinería ou atención sociosanitaria e executaron diversas actuacións consideradas de utilidade pública ou interese social entre as que se incluíron a construción de novas dotacións para os seus concellos.
Preto dun centenar de persoas residentes nos concellos de Ourol, Alfoz, Valadouro e Cervo foron os beneficiarios destes programas dirixidos a desempregados con idades comprendidas entre 25 e 65 anos.
Santiago, 27 de decembro de 2011.- O deputado autonómico do Partido Popular, Jose Manuel Balseiro Orol subliñou o esforzo que está a desenvolver o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo no ámbito do fomento do emprego tal e como demostran os 1,6 millóns de euros que a Xunta investiu na Mariña lucense para a posta en marcha de distintos obradoiros de emprego. Segundo explicou o deputado popular, nesta ocasión foron os concellos mariñáns de Ourol, Alfoz, Valadouro e Cervo os beneficiarios destes programas -subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar- nos que se une formación e práctica laboral e que están dirixidos á mellorar as oportunidades laborais de persoas paradas con idades comprendidas entre os 25 e os 65 anos.
Cadro.- Investimento da Xunta
Obradoiros de Emprego
Concello Total
OUROL 519.358,08
CERVO 581.167,44
RIO-OURO 519.357,60
Total na Mariña lucense 1.623.904,12 €
ACTIVIDADES DE UTILIDADE PÚBLICA E INTERESE SOCIAL
Os participantes nos obradoiros de emprego desenvolven diversas actuacións consideradas de utilidade pública ou interese social. No caso do obradoiro de emprego promovido pola mancomunidade “Rio de Ouro” que agrupa aos concellos de Alfoz e O Valadouro, os participantes recibiron formación en técnicas e operacións con formigón, instalacións e mantemento de xardíns e en instalacións de elementos de carpintería. No tocante ao obradoiro de emprego executado no concello de Ourol os seus participantes obtiveron experiencia laboral no ámbito da albanelería e o mantemento de xardíns e de feito unha das súas obras máis salientables é adecuación do parque infantil e biosaudable e do paseo peonil da Rega. En Cervo os alumnos-traballadores que formparon parte do obradoiro adquiriron coñecementos en disciplinas como a albanelería, medio ambiente-xardinería e atención sociosanitaria.
BENEFICIARIOS: SETENTA E CINCO DESEMPREGADOS
En total foron 75 as persoas que formaron parte como alumnos-traballadores nestes obradoiros. Todas elas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Na selección de persoal valorouse, de xeito preferente, ás persoas desempregadas que tiveran esgotadas as súas prestacións. A formación que recibiron, de carácter fundamentalmente práctico, tiña por obxecto facilitar a integración no mercado laboral dos participantes. De feito, as estatística amosan que unha porcentaxe elevada atopa traballo na mesma especialidade na que adquiriron os coñecmentos. Con todo, hai que salientar que, ademais da propia formación profesional, durante toda a duración do proxecto proporciónaselle aos alumnos traballadores outros contidos formativos, como pode ser a orientación e asesoramento profesional, empresarial e laboral ou coñecementos en materia de alfabetización informática e prevención de riscos, todos eles unha vez superados dan dereito á acreditación correspondente. Aos 75 alumnos beneficiarios hai que engadir outras persoas que tamén atoparon o seu emprego no obradoiro, na súa condición de monitores e persoal de dirección e administrativo, polo que a cifra total se aproxima ao centenar de beneficiarios.



















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



