Nota de prensa
OS MEMBROS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA ABANDONAN O PLENO TRAS SERLLE RETIRADO O USO DA PALABRA
-Aseguran que trala intervención libre do portavoz do PP, “o señor Villares interrúmpenos en varias ocasións e ameaza con retirarnos a palabra se non falamos do que el considera”
-Lara Méndez subliña que “nos oito anos que levo no Concello é a primeira vez que sucede algo así. Non calan ós socialistas, calan a tódolos veciños de Cervo”
CERVO, 2 DE DECEMBRO. Os membros do Grupo Municipal Socialista seguen sen dar crédito do sucedido durante o pleno ordinario celebrado onte no Concello de Cervo, no que foron tratados diversos temas pero o máis destacado da sesión non tivo que ver con ningún deles, os socialistas abandonaron o pleno tras serlle retirado o uso da palabra.
Dende o GMS relatan os feitos aínda sorprendidos, “o portavoz do Partido Popular, o señor Balseiro, na súa intervención, durante máis de vinte minutos, referiuse ó punto que estabamos a tratar naquel intre e a outros temas que el creu oportuno, mentres, a oposición escoitou con educación e sen interrumpir en ningún momento. En cambio, vimos con estupor cómo cando nós tiñamos o turno, o señor Villares nos interrumpe en distintas ocasións ameazando de que si non falabamos do que el considera se nos quitaría o turno de palabra. Educadamente contestamos que simplemente estabamos a dar resposta ós puntos tratados tanto por el como polo señor Balseiro, e continuamos o noso argumentario sobre os temas ós que eles fixeran referencia. Sen máis, o señor Alfonso Villares retirounos o uso da palabra”.
Os socialistas entenderon que “se non podíamos falar nos nosos turnos e explicar as nosas propostas, tampouco deberiamos seguir no pleno. Por todo, optamos por abandoar o salón plenario”.
A portavoz socialista, Lara Méndez, manifesta que “nos oito anos que levo no Concello é a primeira vez que me retiran o uso da palabra, algo que me parece sumamente grave xa que non están calando a Lara Méndez, nin ao GMS, senón que lle están calando a boca a todos os veciños de Cervo, os que a través da oposición tamén están representados. Tódolos grupos políticos están tan lexitimados como o equipo de goberno para realizar o seu traballo. O que aconteceu neste pleno é un abuso de poder en toda regra, que esperemos non volva a ocurrir”.
Subliñan que “o sucedido onte na sesión plenaria parece máis propio dunha ditadura que dun debate político en plena democracia. A libertade de expresión parece estar censurada, será que o señor Villares se esquece de que vivimos nun estado de dereito”.
O GMS de Cervo espera que “esta situación non se volva a repetir, que non se teñan dúas varas de medir coas que o portavoz do PP e o alcalde poidan falar do que queiran e o tempo que eles estimen oportuno e que os grupos da oposición falemos do que o señor Villares considere e o tempo que o señor Villares considere. Pedímoslle que teña respeto a institución que representa e aos veciños de todo concello”.



















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



