Nota de prensa
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 9ª TIRADA
(Campo Municipal de Fútbol de Xove – Sábado, 3 DECEMBRO 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE SUMOAS (3 DECEMBRO 2011 ) 40 INSCRITOS: 27 NA LIGA SENIOR, 4 NA LIGA SUB 16 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 222 | 12 |
| SEGUNDO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 200 | 10 |
| TERCEIRO | OMAR CABRERA MACÍAS | 187 | 8 |
| CUARTO | JOSE VIGO LAGE | 184 | 7 |
| QUINTO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 164 | 6 |
| SEXTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 164 | 5 |
| SÉTIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 157 | 4 |
| OITAVO | JORDI MEITÍN SERANTES | 155 | 3 |
| NOVENO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 154 | 2 |
| DÉCIMO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 154 | 1 |
| MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 84 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 103 | 6 |
| SEGUNDO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 96 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 86 | 3 |
| CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 0 | 2 |
| QUINTO | 1 | ||
| MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 50 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 90 | 6 |
| SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 76 | 4 |
| TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 71 | 3 |
| CUARTO | DOLORES PÉREZ MIGUEZ | 67 | 2 |
| QUINTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 61 | 1 |
| MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 49 | 1 |
Esta Tirada tíñase que celebrar no campo do Centro Social de Sumoas, debido a que foi obxecto de obras por parte do Concello, xa que no mesmo se construiu unha nova bolera. Esta non está inda en condicións para súa utlización, debido a que está recén prantada, e hai que deixar que a herba do mesmo se consolide e esté máis densa. Esta é a razón pola cal a última tirada da primeira volta a tivemos que realizar, non en Sumoas, senón no campo de bolos do Campo Municipal de Fútbol de Xove, o cal estaba en perfecto estado.
-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 40 inscritos, 24 na Liga Senior e 9 na Liga Feminina e 4 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Gran actuación do líder Arturo Vigo, quen conseguiu o seu segundo trunfo nesta temporada, afianzando o seu liderato con 76 puntos, aumentando a diferenza a 24 sobre Francisco Pérez, segundo con 52. A terceira posición accede por primeira vez na tempada César Cancelos, con 39 puntos, despois de realizar dúas magníficas tiradas, cun primeiro e un segundo postos en Morás e esta última. Ginés Rodríguez continúa 4º con 37 puntos, e José Rafael González cae á quinta posición con 36, posición que comparte con Omar Cabrera.
Liga Senior Feminina.- Terceira victoria consecutiva da vixente campiona, o cal lle permite acceder ao segundo posto da clasificación con 34 puntos, e detrimento de Belén Meitín que se quedou en 31, non sendo capaz siquer de puntuar. Despois de celebradas as primeiras nove tiradas, o 50% da competición, a cabeza sigue moi apretada, con Carmen Roca liderando con 38 puntos.
Liga Sub 16.- Segunda victoria de Salomé Rodríguez, o que lle permite unha certa folgura na cabeza cunha vantaxe de 5 puntos sobre Daniel López. Terceiro é Isaias Cardoso, quen está un pouca fallón nestas últimas tiradas, rendendo por debaixo das súas posibiliades. Así e todo, despois de pechada a primeira volta, estes tres xogadores vanse disputar con toda probabilidade os tres primeiros postos finais.
Remata esta tirada, agora temos un descando durante todo o Nadal, reiniciando o campionato o vindeiro ano, concretamente o SÁBADO 14 DE XANEIRO NO CENTRO SOCIAL DE LAGO.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
