Nota de prensa
A deputada Emma Álvarez anunciou a presentación dunha emenda “máis realista e adaptada á situación tanto da empresa como dos traballadores” que a proposición non de lei feita polo BNG
O GRUPO POPULAR INSTA Á XUNTA A FAVORECER A REINCORPORACIÓN LABORAL DOS TRABALLADORES QUE POIDAN RESULTAR AFECTADOS DE APROBARSE O ERE DA EMPRESA MUEBLES HERMIDA
“O obxectivo é facer a empresa realmente viable e garantir os 120 postos de traballo que se comprometen a manter no futuro”, sinalou a deputada do Grupo Popular
Santiago, 12 de decembro de 2011.- A deputada do Grupo Popular Emma Álvarez Chao anunciou hoxe a presentación dunha emenda “máis realista e adaptada á situación tanto da empresa como dos traballadores” que a proposición non de lei presentada polo BNG sobre o ERE presentado por Muebles Hermida de Lourenzá, “co obxectivo de facer a empresa realmente viable e garantir os 120 postos de traballo que se comprometen a manter no futuro”. Así, solicita ao Goberno galego, no suposto de que o ERE finalmente se aprobe, a facilitar o acceso dos traballadores afectados ás distintas políticas activas de emprego para mellorar a súa reincorporación ao mercado laboral.
En concreto, a emenda de substitución presentada polo Grupo Popular insta á Xunta de Galicia, en primeiro lugar, a tramitar o ERE presentado por Muebles Hermida estrictamente de acordo coa legalidade e a normativa vixente. Así mesmo, solicitan ao Goberno galego a “establecer os mecanismos necesarios para que os traballadores afectados polo ERE de Muebles Hermida, no suposto de que este finalmente se aprobe, poidan acceder o máis axiña posible ás distintas políticas activas de emprego a desenvolver na comarca da Mariña lucense, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e a súa reincorporación ao mercado laboral”.
Por último, Emma Álvarez anotou que a emenda tamén demanda da Xunta a posta en marcha das medidas necesarias encamiñadas á recuperación produtiva e á creación de novas oportunidades laborais na comarca da Mariña lucense central, e nomeadamente nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá.
ÚNICA FÓRMULA PARA GARANTIR A CONTINUIDADE
“Recorrer a un ERE non é unha medida agradable para calquera empresario e moito menos para os traballadores afectados, pero moitas veces é a única fórmula que queda para garantir a continuidade da empresa e con ela o mantemento dunha parte dos postos de traballo que xera”, explicou a deputada popular. No caso concreto de Muebles Hermida, Álvarez Chao avogou porque “coas medidas que se adopten a empresa poida garantir o mantemento, cando menos, dos 120 postos de traballo que se comprometeu”.
Emma Álvarez cualificou de “ilóxico e instar á comisión dunha ilegalidade” a proposición presentada polo BNG para que a Xunta non aprobe o ERE presentado pola empresa Muebles Hermida, xa que “non é unha cuestión de vontade, senón de normativa que os responsables do Goberno galego deben cumprir”. Neste sentido, puxo como exemplo que durante o Goberno bipartito se aprobaran máis de 1.500 expedientes de regulación de emprego, que afectaron a máis de 22.000 traballadores galegos.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



