Nota de prensa
NOTA DE PRENSA
O día 23 decembro, representantes do Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro, acudimos ao rexistro do Concello para revisar os asuntos presentados no mesmo durante a segunda quincena de setembro ( do 15 ao 29 );tal é como xa dixemos noutras roldas de prensa, estas visitas enmarcanse dentro do plan de traballo establecido polo noso grupo para esta lexislatura, ao obxecto de poder levar un control máis directo no día a día de todo o que acontece no noso concello, e poder ter asi unha información de primeira man.
Atopámonos con asuntos xa coñecidos, pero que non deixan de sorprendernos e preocuparnos, tales como son as reclamacións de facturas impagadas e os numerosos contenciosos nos que está implicado o Concello. No capítulo de facturas reclamadas sinalar algunhas moi curiosas:
SOGAMA ( maio 2011): 31.000 euros.
WOLTERS KLUWER (mantemento bases de datos do Concello): dúas facturas que suman 2791,88 euros.
CORREOS ( xuño 2011 ): 2.690,93 euros.
Unha advertencia, por parte do xefe da policía local, de que non se lle pagou a empresa DRAGER SAFETY HISPANIA, que é a que se encarga de calibrar os etilómetros.
MOVISTAR ( setembro 2011 ): 2.243,72 euros.
WURTH ESPAÑA: facturas dende outubro do 2010 ata xullo do 2011 por un importe de 3.917,86 euros.
Asi mesmo, tamén nos chamou a atención a reclamación que fan dúas traballadoras do Concello, quenes solicitan o pago de atrasos de trienios, nun caso por un importe de 5.678 euros e noutro por un importe de 5.358 euros; a verdade é que nos parecen unhas cantidades chamativas e importantes para adebedar por este concepto.
No asunto dos contenciosos aparecen algúns que xa tiñamos contabilizados nesa cifra que se vai aproximando aos 200, pero tamén atopamos algún novos (ou que al menos nós descoñeciamos a súa existencia ata o momento, hai que lembrar que a información cheganos con contagotas ). Dos que máis nos chaman a atención, son sen dúbida, os inerpostos pola inmensa maioría da plantilla da Policía Local ( concretamente por 9 dos seus integrantes ) e nos que lle reclaman ao Concello diferentes cantidades correspondientes ao último semestre do 2010, en concepto de reforzos, noites e festivos ( é dicir horas a maiores da súa xornada ordinaria ); en total a reclamación ascende a 17.204,66 euros, pero o significativo do caso non é a cantidade en si, senón como se reparte, pois destes 17.204,66 euros, 10.247,60 son reclamados polo xefe da policía local ( 4.302 euros) e o resto ( 5945 euros) polo coordinador da policía local en ausencia do xefe, namentres que o resto dos Policias reclaman cantidades moi inferiores que van dende os 590 euros ata 1.490 euros como máximo ( cantidades estas últimas que entran dentro da lóxica dun reparto equitativo destas horas si temos en conta que este semestre implica o periodo estival ).
Sen dúbida é sorprendente que os xefes reforcen tanto e o resto dos policías tan pouco, pero en todo isto hai algo que non cadra, pois o acordo marco da policía fixa en 80 horas o máximo anual por este concepto fóra da xornada ordinaria, e máis, da a impresión de que non hai tantas horas ao mes e ao semestre como para reclamar esas dúas enormes cantidades por este asunto.
Vistos estes datos, no día de onte, presentamos no rexistro do Concello unha solicitude para que se nos envie a documentación a este respecto, referida aos anos 2009, 2010 e 2011, porque moito nos tememos que aquí haxa gato encerrado, e que en realidade se estén pagando outras cousas, que pouco ou nada teñen que ver co feito de velar pola seguridade dos vecinos e veciñas de Viveiro.