Nota de prensa
OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE O PP VOTASE EN CONTRA DE GARANTIR OS SERVIZOS SOCIAIS
-Subliñan que intentan confundir ós veciños xa que “Balseiro asegura que os beneficiados serán máis ca no 2009 e Villares di que manterá os servizos”
-Non entenden “qué problema hai en votar a favor de manter polo menos a cobertura do 2009, se incluso din que a poden mellorar”
CERVO, 12 DE DECEMBRO. A Corporación do Concello de Cervo vén de celebrar na mañá de hoxe un pleno extraordinario a solicitude dos membros do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, pois consideran moi necesario poder rectificar, a través de medidas urxentes, os recortes implantados polo Goberno Galego no Plan Concertado e garantir, polo menos, a cobertura orzamentaria de 2009.
O Plan Concertado constitúe un instrumento fundamental para a colaboración e coordinación entre as administracións con competencias en políticas sociais co fin de prestar servizos públicos, actuacións e programas absolutamente fundamentais para o benestar das persoas. Os socialistas subliñan que se non damos marcha atrás ós recortes da Xunta de Galicia nesta materia, “non poderán existir os servizos públicos sociais que existen na actualidade. A media de recortes deste ano dos orzamentos da Xunta para os concellos é do 80% o que suporía, de non rectificar, a morte dos servizos sociais municipais.”.
Aínda así, o PP de Cervo votou en contra da solicitude da oposición, poñendo por riba das necesidades e do benestar dos nosos veciños, a lealtade ós seus compañeiros da Xunta de Galicia.
Os socialistas non só lamentan o voto negativo contra a súa proposta senón tamén o intento dos populares de enganar a tódolos veciños. Afirman que “o voceiro popular, o señor Balseiro, durante a súa intervención intenta confundir ós veciños, asegurando que os beneficiados polos servizos sociais do Concello serán máis ca no ano 2009. O señor alcalde non hai moito asegurou que o servizo ía ser o mesmo, compañeiros, aclárense”.
Neste senso, os membros do GMS non entenden cómo “os populares poden votar en contra dunha proposta que busca manter, só manter, polo menos a cobertura de 2009, e despois asegurar que van a incrementar os servizos. Se garanten unha mellora, qué problema hai en votar a favor de manter polo menos a cobertura do 2009. Nós só estamos pedindo que se manteña, se a poden mellorar, moito mellor. Son moitos os concellos que votaron con unanimidade en contra dos recortes da Xunta para defender os dereitos dos seus veciños. Non entendemos por qué o equipo de goberno de Cervo é capaz de votar en contra dunha iniciativa similar. Non entendemos a súa actitude se non é por amiguismo político, ou é que hai algo que ocultar”.
Os socialistas engadiron que “a realidade é que os veciños de Cervo serán castigados polos recortes da Xunta de Galicia e o noso Concello demostrou unha vez máis que ten dúas varas de medir en función da administración que dá, otorga ou recorta. É unha lástima que os servizos sociais do Concello se vexan perxudicados a pesares de todo o persoal que temos, que é moito e bó” e lembran que “a asesora municipal de políticas sociais debera ter presente o futuro que se aproxima nesta materia e poñer enriba da mesa algunha solución que defenda as necesidades dos cervenses. Debería asesorar ó equipo de goberno sobre estes asuntos e non só asegurar a súa xubilación”.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



